EDU APARIZ JR, SALTA A ESCENA CAMBADESA CUN VIDEO EXCEPCIONAL.
Está claro que a estas alturas da película,
todo o mundo sabe que o desfile de modelos organizado por Asoblog e baixo a supervisión excepcional de Lorena Acha, non foi un éxito, foi un “exitazo”. A aínda, varios dias despois seguímonos facendo eco deste brillante desfile.
todo o mundo sabe que o desfile de modelos organizado por Asoblog e baixo a supervisión excepcional de Lorena Acha, non foi un éxito, foi un “exitazo”. A aínda, varios dias despois seguímonos facendo eco deste brillante desfile.
Esta vez chega os nosos ollos , non un vídeo, regular, ou bo, ou excelente, non…, chega os nosos ollos un vídeo de ÓSCAR , realizado integramente polo estudante de xornalismo a piques de rematar unha brillante carreira, Eduardo Apariz Jr., no que precisamente as protagonistas principais son a súa irmá Aless Apariz e a deseñadora Eva Soto, unha pequena homenaxe a este deseñadora de alto nivel que temos en Cambados, entre outras.. Un vídeo realizado baixo a supervisión do seu pai o afamado e consagrado fotografo galego Eduardo Apariz Diaz. A calidade do vídeo está fora de toda dúbida, a súa sencillez, o alegre que se fai vista, a beleza extrema das súas protagonistas, en fin….excepcional. Evidentemente falo parcialmente xa que son tío das dúas criaturas protagonistas do vídeo, o seu realizador Edu Apariz Jr e unha das súas protagonistas Aless Apariz. Pero sigo dicindo o mesmo todo isto non seria posíbel sen unha tal “Sagri”, neta de Chonita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario