POR RICARDO DOMINGUEZ REY
No ano que acaba de comezar, Xaquín Charlín “Chon” acaba de
publicar o numero de visitas recibidas neste blog, cun total de 271.270; súmome as grazas que lle da a cada un dos que visitan, ben de forma regular este blog ou dos que entraron en algunha ocasión, movidos pola curiosidade, interese o, simplemente, por saber de que falabamos aquí.
publicar o numero de visitas recibidas neste blog, cun total de 271.270; súmome as grazas que lle da a cada un dos que visitan, ben de forma regular este blog ou dos que entraron en algunha ocasión, movidos pola curiosidade, interese o, simplemente, por saber de que falabamos aquí.
Eu, coma moitos de vos, entraba (e entro) neste blog para seguir a actualidade de Cambados e a súa comarca; no meu caso, quizais con mais motivos, polos case 1.200 kms. que me separan do meu amado pobo e eu vía (e vexo) este blog como un sopro de aire fresco ante tanta mediocridade, abuso e intolerancia existente no (pra min ) mellor pobo do mundo.
Ata que un dia de xuño, indignado polas novas que me chegaban, a intención do alcalde de levantarlle unha estatua a un personaxe tan deostado como Fraga, levoume a escribir algo respecto ao tema; foi algo improvisado, practicamente, sen pensalo polo que eu consideraba (e sigo a considerar) un acto miserable, partidista e falto do consenso e da aprobación de todo un pobo; a raíz de aquilo, Chon brindoume a oportunidade de seguir colaborando con este blog, no meu caso, coa perspectiva que permite comparalo co pobo no que vivo na actualidade e que, sen ser un modelo perfecto, fanse as cousas, en moitos aspectos, medianamente ben.
A algúns sorprendeulles verme aquí, dicíanme cousas do tipo: “con quen te vas a xuntar” , “non ves que Chon esta tolo” ou “Chon é un maleducado”, eu a todos dicíalles, simplemente, o mesmo : “aínda que teñas razón, só dime unha cousa, ¿minte Chon e algo do que di, en algo do que publica ou en algo do que denuncia?. Evidentemente recibía un “non” por resposta e iso, polo menos para min, é o que importa.
O que di Chon, e sobre todo como o di, é a súa marca da casa, é un linguaxe que entende perfectamente todo o mundo e que todo o mundo sabe o que quere dicir; para os que queiran fermosas verbas, preciosas metáforas que vaian a Casa da Cultura que alí atoparán libros de contos e poesías (algún quedará dos moitos que eu rexistrei cando fixen alí a prestación social substitutoria da mili, xa fai anos). Eu, persoalmente, prefiro xente como Chon que diga as cousas como as sinte, sen mais, coa verdade por diante a persoas como o alcalde, un mentireiro, que antepón os seus intereses e os do seu partido aos do pobo de Cambados; mentres existan políticos da ralea de Luis Aragunde, Rafael Louzán ou Cores Tourís, mais que nunca fará falta que existan persoas como Chon, que denuncien os seus atropelos.
Chon pode que sexa moitas cousas das que decides, as opinións son coma os cus, cada un ten o seu , e todas son respectables; pero Chon, sobre todo, tamén é unha persoa moi nobre, cunha gran calidade humana e que se solidariza cos problemas de moita xente ....non coma a outros políticos que moitas cousas, cando non lle supón encherse os petos de cartos, sinxelamente “se la sudan”.
Grazas a ti, Chon, por todo o que fas, por abrirlle os ollos a moita xente e por dicir o que moitos lles gustaría dicir abertamente.
E grazas, tamén, por permitirme plasmar no teu blog as miñas opinións, inquedanzas e pensamentos........os que tedes a desgraza de coñecerme persoalmente xa sabedes que non son capaz de calar nin baixo o auga e aquí seguiremos dando a brasa a todo aquel que queira escoitarnos
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
NOTA DO ADMINISTRADOR.- Grazas Ricardo, nótase que me colleches cariño. Unha aperta.
.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario