A “TERRA DA PATACA” VAI VER O ROCK N´XEBRE DO SALNÉS
O grupo cambadés “NOITE FECHADA” cumpre o seu primeiro aniversario o vindeiro día
nove de novembro que mellor maneira de celebralo que facer un concerto na “Terra da Pataca” o Xinzo de Limia, para amosar o seu Rock n´xebre da comarca do Salnés, unha perfecta maridaxe entre mar e terra.

Lémbranse os de “NOITE FECHADA” que o grupo nacía dunha "coña" un 9 de Decembro do 2012 dunha conversa medio de broma entre Matias, Carmelo e Gus, un domingo de resaca no Encontro. “NOITE FECHADA” trata de contar calquer carallada que lle pase ou se lles ocorre en clave de “cachondeo”. Empregan o noso ghallegho típico para "versionar" coñecidos temas que sempre tiran o rock.
O concerto do seu primeiro aniversario vai ser na Sala Clan de Xinzo e será o sábado 2 de novembro sobre as doce da noite.
A verdade que para eles foi un ano moi frutífero en canto a concertos, que non pararon chegando a dar un na Festa Vikinga, unha festa declarada de interés turístico internacional.
PARABÉNS RAPACES, E QUE CUMPRADES MOITOS MAIS

Ningún comentario:
Publicar un comentario