SERÁ O VINDEIRO NOVE DE NOVEMBRO NO CENTRO CULTURAL XACOBE CASTRO DE CORBILLÓN
O vindeiro sábado 9 de novembro, a partires das 18 horas , no centro Cultural Xacobe
Castro, heberá festa rachada da Asociación Cultural Xironsa, unha das mais festeiras da vila. Non faltarán as castañas, viño e doces variados e sobre todo moita festa, gaiteiros pandereteiras, baile tradicional, todo “made in Xironsa”.
Castro, heberá festa rachada da Asociación Cultural Xironsa, unha das mais festeiras da vila. Non faltarán as castañas, viño e doces variados e sobre todo moita festa, gaiteiros pandereteiras, baile tradicional, todo “made in Xironsa”.
O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.
Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir
con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.
con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.
Ó rito que acompaña a noite no lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos.
Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada.
Os nenos non faltarán ó seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno ó lume, tenta irmandar ó galego cuns devanceiros ós que segue unido polo vencello da tradición.
Di o refrán: "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".
Xironsa fiel a tradición non quere que estas fermosas constumes se perdan.



Ningún comentario:
Publicar un comentario