26 de nov. de 2013

A HORA GALEGA DO BALOCA PRESÉNTANOS AS "CANTAREIRAS BULIDEIRAS"

DESPOIS DA EXCEPCIONAL ACTUACIÓN DE VENDAVALADA NA II EDICIÓN
Baloca está a poñer un listón na súa terceira edición moi alto, pois despois da excepcional actuación do quinteto Vendavalada II edición, neste mes co gallo da terceira edición preséntanos nada mais e nada menos que as Cantareiras Bulideiras quen xorden hai dous anos en
Fontecarmoa debido á inquedanza de seis das súas veciñas de divertirse aprendendo a tocar a pandeireta. De tocar pasan a cantar e a interesarse por novos instrumentos de percusión e comezan a amosar o seu desexo de actuar nos eventos da parroquia. Pouco a pouco vanse unindo novas xeracións. O seu fin e difundir a
cultura galega por calquer recanto do universo.  Por certo acabámonos de saber que están a gravar o seu primeiro disco.
Así que xa sabedes, o vindeiro venres 29 de novembro a iso das dez da noite, non vos podedes perder a III edición da hora galega, por suposto e coma sempre haberá empanada, tortilla e prezos rebaixados. Así que o venres tedes unha cita no Baloca, na praza de Alfredo Brañas de Cambados.

Ningún comentario: