No pasado pleno, o PP respondeulle a medias ao BNG (como case sempre), unhas preguntas realizadas o 25 de outubro, nas que nos interesabamos por que, unha vez máis, o alcalde externalizaba servizos en contra do criterio da Intervención municipal.
A Interventora leva anos queixándose deste xeito de proceder tan característico do PP, pois afirma que se está a incumprir a
normativa que di (textualmente) que: “ ao existir funcionarios adscritos ó departamento de
urbanismo do concello (Arquitecto e Arquitecto Técnico) deberían constar as razóns polas que se procede a externalizar o servizo”. Evidentemente, non se entende que dispoñendo de persoal destas características no concello (actualmente cóntase cun Arquitecto e un Arquitecto Técnico) porque se contrata a un técnico de fora. Isto, concretamente, é o que ocorreu tanto coa obra de “Reparación e Restauración da cuberta do pazo de Torrado para a mellora da eficiencia enerxética”, realizada polo Arquitecto Julio De Miguel Castro, como pola “Adecuación da Praza de Abraldes e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”, que foi realizada polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján.
normativa que di (textualmente) que: “ ao existir funcionarios adscritos ó departamento de
| Praza de Abraldes |
| Rua Arousa |
| Rua Rianxeira |
En fin, unha burla á intelixencia, unha continua burla aos cidadáns que deben facer que o PP pague nas urnas os seus continuos abusos ao sistema democrático.


Ningún comentario:
Publicar un comentario