25 de nov. de 2013

DIMITE O DIRECTOR XERAL EX-FALANXISTA E EX ASESOR DO CONCELLO DE CAMBADOS

NORBERTO UZAL TRESANDÍ MARCHA TRAS  PRESUNTAS IRREGULARIDADES. 
NO EXPEDIENTE QUE CULMINOU CUNHA
SANCIÓN Á SECRETARIA DO CONCELLO DE PALAS, QUE DENUNCIARA ACOSO LABORAL.
O vicepresidente da Xunta (casualmente Secretario en excedencia no concello de Cambados)  garda silencio sobre os motivos da dimisión dun dos seus máis directos e antigos colaboradores. Alfonso Rueda evitou este sábado pronunciarse sobre as causas da marcha "na normalidade" de Norberto Uzal Tresandí, até onte director xeral de Administración Local.
Uzal Tresandí foi o encargado de redactar os informes solicitados ao fío o preito que mantén a secretaria do Concello de Palas. A funcionaria gañou na Xustiza a reincorporación ao seu posto tras denunciar acoso laboral no municipio. O Concello abriulle outro expediente para mantela apartada do posto, 
«DEIXACIÓN DE FUNCIÓNS»
Un periódico  galego  confirmou que este asunto é seguido de modo moi directo pola delegación lucense do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoreros de Administración Local (Cosital), presidido por José Antonio Carro. Este
colectivo profesional remitiu documentación, entre outros organismos, á Fiscalía.
Cosital considerou, nunha reunión celebrada no pasado mes de xuño, que na tramitación do expediente á secretaria de Palas houbo «clara inobservancia de garantías e trámites esenciais, consistentes, principalmente, no incumplimiento das normas atributivas de competencias para a súa incoación e resolución». O colexio entendeu, ademais, que as citadas irregularidades, «en lugar de ser corrixidas, foron confirmadas e ata ampliadas polo informe» do director xeral que onte presentou a súa renuncia.
Cosital entendeu, así mesmo, que a Xunta fixo dejación de funcións no relativo a este asunto.
Rueda unicamente repetiu a versión de Tresandí, que di marchar por "motivos persoais". O vicepresidente e o ex-director manteñen unha boa relación política hai moitos anos, malia o pasado fascista de Tresandí, que se presentou como candidato da Falange a varios comicios nos noventa.
Norberto Uzal foi asesor xurídico do concello de Cambados durante varios anos, unha aposta do ínclito Touris , sendo sustituido polo seu querido amigo Rafael Ribeiro.
NORBERTO NEGA AS ACUSACIÓNS
No seu propio facebook Norberto poñia a seguinte nota: “Grazas a todos os que me estades chamando enviando mensaxes ao meu teléfono. Soamente quero matizar unha cuestión importante. As razóns da miña decisión son de orde estrictamente persoal e en nada teñen que ver con ningún asunto concreto. Aqueles que publican informacións falsas sen contrastar ou deixándose intoxicar algún día terán que preguntarse polo servizo que prestan á cidadanía.
Os meus mellores desexos para todos.”
NOVA RECOLLIDA EN PARTE DE GALICIA CONFIDENCIAL


Ningún comentario: