ACUSAN A “LA VOZ” DE ''DESPRESTIXIAR'' A CRTVG NA PROCURA DE ''SACAR TALLADA'' DUN POSÍBEL PECHE
Traballador@s do ente público critican o tratamento no medio privado de todo o relaciona co
coa canle pública, máis a raíz do peche de Canal 9. “Falacias” e mentiras”, afirman, para se aproveitar dunha “caída en desgracia” ou mesmo peche da TVG”.
coa canle pública, máis a raíz do peche de Canal 9. “Falacias” e mentiras”, afirman, para se aproveitar dunha “caída en desgracia” ou mesmo peche da TVG”.
La Voz de Galicia nas súas diferentes plataformas (TV, papel, internet) está a “demonizar” os medios públicos galegos, a CRTVG, nunha actitude “carroñeira” que ten un obxectivo claro: “Sacar tallada go goberno da Xunta e aproveitarse dunha posíbel caída en desgraza ou mesmo peche da TVG”. Así de rotundo se manifestan traballador@s da canle pública no blogue 'Eu non manipulo'.
Desde este blog, que é o órgao de expresión do comité de empresa da TVG, @s
traballador@s afirman que a raíz do acontecido en Canal 9, La Voz reitera a campaña de “mentiras” e “falacias”, con informacións e datos que “demonizan” as televisións públicas. 'Eu non manipulo' lamenta que no medio privado coruñés “denigren” a TVG cando, afirman “se nutre e sobrevive grazas a ela”. Como? “a través dos contratos que obtén da TVG, sobre todo en series de ficción”.

Silencio
Para est@s traballador@s, esa actitude de La Voz tería xa hai tempo que ser contestada desde a dirección do ente público, “mais non é así”.
ATA AQUÍ A ARTIGO DE SERMOS GALIZA
NOTA DO ADMINISTRADOR:
Pero a ningén estrana a actitude da Voz denunciada polos traballadores da TVG, todos sabemos como actúan e exemplos temos en Arousa para dar e tomar. O outro día sen ir mais lonxe un destacado rañeiro acusaba a unha empregada da Voz en Arousa de servilismo e entoxicación, prácticamente o mesmo que veñen a denunciar os traballadores da TVG, por certo traballadores que aparte denunciar estas cousas tamén tiñan que denunciar a manipulación da que son obxecto todos os días nos medios informativos da canle. Preto da contestación dos seus direxentes decirle os traballadores que os do PP son os mais interesados en favorecer a Voz e o seu medio de comunicación por excelencia.
| Benjamin Rey traballador cambadés da TVG |

Ningún comentario:
Publicar un comentario