2 de dec. de 2013

A RACIÓN DE ZAMBURIÑA UN POUCO CARA , SEGUNDO ALGUNHA XENTE DO MAR

E O PREZO DA BOTELLA DE ALBARIÑO TAMÉN ALGO  CARO, NAS II XORNADAS DE EXALTACION DA ZAMBURIÑA.
Moitos mariñeiros non están nada contentos co prezo que se está poñer a ración de
zamburiña na 2ª xornada de exaltación da Zamburiña en Cambados, pois a ración está a 5 euros, cando o quilo de zamburiña estase a vender a un euro ou como moito ou a dous euros, polo que  a ganancia para os mariñeiros é moi pouco en troques para os locais e moita, e isto había que “empatalo” dalgún xeito. Sempre a xente do mar é a que ten que levar a peor parte. Doutra banda o prezo da botella é demasiado caro, pois nada mais e nada menos que 12 euros,  cando podes beber un
albariño bo, moi bo en outros sitos a 9 e 10 euros a botella, parécenos unha exaxeración ese prezo. A afluencia de público os locais , pouca mais é ca de sempre, polo que a segundas xornadas  estanse a desenvolver con toda a normalidade. Todos aqueles que queirades participar no evento , xa sabedes, ración 5 euros e botella de albariño 12 euros, dende o 29 de novembro o 8 de Decembro poderás degustas as mellores preparacións das zamburiñas en:
A dos Piñeiros.Pandemonium.Cafetería Thelma,Restaurante Mar de Arosa,Tapería Ventos,Ribeira de Fefíñáns,Parador de Cambados,A Taberna do Trasno, Vagoviños,A Casa de Miguel e Lume de Leña.
Os que queirades aforrar facedes coma un amigo noso mércalle cinco quilos de zamburiñas a un mariñeiro, por cinco euros ou como moito por dez , e unha boa botella de albariño nun bar que  sabemos da Rúa Isabel II por 9 euros e poñémonos as botas de xeito moitísimo  mais barato.
Os prezos en plna crise teñen que ser mais populares.


Ningún comentario: