COMENTARIO DA PERIODISTA E ACTRIZ ADELA ESTEVEZ CAMPOS O RESPECTO DO ARTIGO DO EX FUNCIONARIO MUNICIPAL.
Non hai nada máis temible que unha argumentación que empeza cunha declaración de
respecto e admiración cara ao que supostamente vaise defender. Por regra xeral adoita ir seguida dunha inmediata descualificación: "eu respecto moito aos negros, pero... ". "Que conste que eu teño grandes amigos gais que son estupendas persoas, pero..."... detrás de alguén que fai estas afirmacións sempre está un racista, un homófobo ou un machista tentando se xustificar.

Cando o señor Vázquez comeza o seu artigo: "Vaya por delante mi absoluto respeto a las mujeres en general y a las víctimas de la violencia en particular", calquera medianamente lúcido, aínda que non coñeza
a lamentable traxectoria do aprendiz de tertuliano, xa pode sospeitar que o que vén a continuación non vai ser precisamente unha alegación feminista. E as sospeitas confírmanse en canto se supera o primeiro parágrafo autoexculpatorio.

O articulista continúa coa negativa de aplicar o cualificativo de machista á violencia contra as mulleres por consideralo
"pexorativo". Claro que non queda claro se é pexorativo para os que exercen a violencia contra as mulleres que, no curto entender do señor Vázquez, ao mellor merecen un trato máis benévolo ou se é pexorativo para os que como o propio Vázquez, aínda que son obviamente machistas, non descargan o seu desprezo polas mulleres cunha agresión física.

Axiña e para eliminar calquera tipo de dúbida, asocia este "lamentablemente doloroso" asunto a persoas de baixo status económico e educativo, ou a inmigrantes. Dá un paso así na demonización das clases
marxinadas e dos estranxeiros con baixo nivel económico (non creo que na súa curtidade de miras identifique como inmigrantes aos futbolistas estranxeiros ou aos capos rusos millonarios instalados na Costa do Sol, entre os que está bastante estendido o desprezo á muller e a súa cosificación). Elimina tamén dun plumazo a responsabilidade de toda unha sociedade impregnada de estereotipos machistas e a necesidade de que, todos e todas nos concienciemos da necesidade de educar na igualdade. E demostra, en fin, a súa enorme ignorancia por canto o fenómeno das agresións machistas, como testemuñan numerosos estudos, prodúcese por igual en todas as clases sociais, aínda que entre os privilexiados, o agresor adoita utilizar o poder económico e a imaxe pública, o "que dirán", para intimidar a súa parella e mantela en silencio.

Chegados a este punto, Vázquez destapa a súa verdadeira ideoloxía, achacando a "las actitudes aviesas o recriminatorias" das mulleres "que abruman y causan zozobra en el varón" a razón última da violencia "machista" (aínda que sexa pexorativo). Facendo recaer nas vítimas, como non podía ser menos en alguén cos seus antecedentes, a "culpa" das agresións: "Se é que van provocando".
José Pepe, como é habitual nel, retrátase perfectamente no artigo e non só polo seu deficiente estilo literario. Non esperabamos menos, coñecendo o seu percorrido político!

Ningún comentario:
Publicar un comentario