7 de dec. de 2013

LINO SILVA “FOREVER”

O ARTISTA CAMBADÉS INAUGUROU A SÚA EXPOSICIÓN RODEADO DE AMIGOS E FAMILIA.
Lino silva está considerado en todos os ámbitos artísticos
como o “ultimo bohemio”. Todos os que coñecemos a Lino sabemos que é así pero tamén sabemos que é un artista coma a copa dun pino, sabemos que ten unha familia, e o día da inauguración podémolo comprobar,  que suple calquer carencia social do artista neste senso. O
venres podemos ver en Exposalnes a artistas como Manolo Paz, Lucas Miguez, Gogue, Manolo Chazo, ou Uxio López, que non quixeran deixar pasar a ocasión para saudar o “artista de artistas”. E o ben que o pasou no bar de Lupe eses son momentos inesquecibles.Desgraciadamente Lino aínda non está recuperado de todo do seu accidente  caseiro, pero pouco a pouco vai mellorando. Dicir que a exposición paga a pena vístala porque podemos ver as mellores obras de Lino Silva, e estará aberta ate o 13 de xaneiro. ¡¡¡Grande Lino!!!


















1 comentario:

Xermán Prieto dixo...

¿Que días son de exposición?