ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN PESDEBARRO
Este sábado 14 de decembro, a Asociación Pesdebarro, organiza un obradoiro "Tuneado de
camisolas para agasallar algo persoal", este obradoiro terá lugar no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.
camisolas para agasallar algo persoal", este obradoiro terá lugar no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.
Con este obradoiro queren botar unha man, neste Nadal. A celebración do solsticio de inverno é na actualidade a época do ano na que máis se consume. A sociedade na que vivimos, tamén denominada "do consumo", convértese nestas datas na sociedade hiperconsumista.
Por iso a Asoc. Pésdebarro propón este obradoiro, para agasallar aos nosos familiares, amigos... unha camisola tuneada coas nosa propias mans.
As e os participantes deberán levar unha ou varias camisolas para tunear, retallos de tecidos, cordóns, fieltro, doas, lazos, fitas, fíos, la, agullas, tesoiras...
A monitora aportará ferro de pasar, tecidos variados, fíos, la, fitas, computadora para aprender a buscar plantillas de debuxos e /ou imaxes, plantillas preparadas de exemplo e para que se traballen nas camisolas xa tuneadas e outras para ensinar a tunear.
O custe por participante será de 3 € para soci@s e 5 € para non soci@s, as prazas son limitadas.
Para inscribirse deberán mandar un correo a pesdebarro@hotmail.com, no facebook da asociación facebook.com/Pesdebarro ou chamando ao 692646068.



Ningún comentario:
Publicar un comentario