CONTINUA FORMANDO PARTE DA MESMA O CAMBADÉS XAQUIN CHARLIN.
Onte sábado na sede Central da CIG en Santiago
celebrouse a VI Asemblea do Sector Xustiza da CIG, na que entre outros puntos da orde da día estaba a elección do Secretario Nacional do Sector e tamén a Dirección Nacional do Sector da Xustiza. Realizadas as votacións correspondentes resultou elexido por abrumadora maioria Xesús Humberto Sánchez Costa “Tuto” de Lugo, asemade por ampla maioria tamén resultou a seguinte dirección nacional Eva Rodriguez Vicente (A Coruña), Delmiro Durán Garrido (Pontevedra), Maria Consuelo Rodriguez Rodriguez (Coruña), Oscar Freixedo Beltrán (Lugo), Xosé Barreiro Pérez (Vigo), Xaquín Charlin González (Cambados), Xosé Antón Velón Fernández (Ourense), Pilar Nogueiras Fernández (Lugo), Anxo M. Minguillón Diez (Santiago) e Maria Carmen Bergantiños Vázquez (Lugo).

Nunca estivo na intención deste sindicato pedir a dimisión, mais ben todo o contrario, de Xaquin Charlín polo caso "Chochito", non como fixo outra organización politica, a mostra está na súa nova elección na Dirección Nacional da CIG xustiza.
Polo Secretario Nacional sainte presentouse informe de xestión no que destacou que estes catro anos víronse claramente marcados polos efectos da profunda crise económica que asolou España e por ende Galiza. Os logros acados en anos anteriores en canto a retribucións económicas viron mermados os seus efectos ao producirse no anos 2010 e
2011 o 5% de merma dos salarios, no ano 2012 a perda da paga extra de nadal e nos anos 2013 e 2014 a perda de parte do complemento autonómico transitorio.

No eido dos dereitos dos traballadores e os dereitos sindicais a crise tamén golpeu forte, producíndose unha
perda de dereitos inimaxinable en temas como baixas por enfermidade, vacacións, asuntos particulares, acción social, reducción drastica de creditos horarios para labores sindicais, etc. Todo este tipo de actuacións tivo contestación por parte da CIG no eido xeral e tamén da administracion pública, coa convocatoria de sendas folgas xerais e mobilizacións fronte aos recortes.

A afiliación en termos xerais en todo o país mantívose nun situación de equilibrio entre altas e baixas, a pesares
dos efectos da crise que afectou máis ao persoal eventual (interinos) que ao persoal titular de carreira. Conseguir afiliados nestes tempos case é unha labor utópica, polo que manter o numero actual e tentar mellorar un pouco e o máximo que se pode pedir.

A nivel institucional, máis ben tarde que pronto, tivemos unha xuntanza co Ministro de Xustiza, Sr. Gallardón, a través dunha convocatoria de Mesa Sectorial presidida por el, onde poucas o case ningunha
cousa sacamos en claro máis alá dos recortes que se nos aveciñaban. En canto a relación coa administración autonómica foi fluída aínda que, pola contra, botamos en falta e exiximos en varias ocasións maior número de convocatorias da Mesa Sectorial a fin de poder tentar negociar e poñer solución aos moitos problemas da administración de xustiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario