7 de ago. de 2014

A PERRUQUEIRA CAMBADESA CON MAIS PROXECCIÓN INTERNACIONAL, SARA FARIÑA, ORGANIZA UNHA GALA CONTRA O CANCRO

NA COMPAÑA DÁ XERENTE DE TRANSMEDIA, A MADRILEÑA BLANCA SANCHEZ
Como novidade, persoas con cancro desfilarán nunha gala benéfica en Cambados.
A perruqueira de Cambados Sara Fariña e unha xornalista
SARA FARIÑA
madrileña que veranea nas Rías Baixas organizan mañá venres unha gala benéfica para a delegación provincial de Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro. No transcurso da mesma haberá un desfile de moda e de "estilismos" de perruqueria, e os 11 modelos son persoas da provincia que sufriron ou sofren cancro.
BLANCA SÁNCHEZ
Sara Fariña, dona de "A Pelu de Sara", xa organizou un desfile fai dous anos xunto á comunicadora e xerente de Transmedia Blanca Sánchez, e en 2013 fíxose moi coñecida por gañar o concurso de perruqueria Trend Vision no norte de España e quedar subcampioa na final internacional celebrada en Praga (República Checa).
Nesta ocasión, Fariña e Sánchez apostaron por un desfile benéfico a favor da Asociación contra o
Cancro. Titúlase "Sen medo ao espello" e supoñerá unha reflexión sobre as consecuencias que o cancro ten sobre a estética das persoas. Un aspecto que inflúe na imaxe que os demais fanse do paciente, e na que este ten de si mesmo.
A gala é ás 21,30 horas, no salón de Peña, e a entrada custa 10 euros. Sara Fariña
invita a veciños e visitantes a acudir a este evento, xa que todo o diñeiro que se recade será doado á Asociación contra o Cancro, que desenvolve tanto programas de investigación sobre a enfermidade como de axuda a afectados e familiares.
As entradas poden adquirirse de forma anticipada na perruquería de Sara Fariña, situada na rúa Beleco de Cambados, ou o día do espectáculo á entrada do salón. Sara Fariña estudou Imaxe na Coruña e a súa carreira caracterízase por explorar novas tendencias e estilos no mundo da perruquería.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.

Ningún comentario: