12 de ago. de 2014

E GAITA SOOU EN PEÑAFIEL

GRAZAS A BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO.
Dentro dos intercambios concertados dentro do que se deu en chamar “Música con
Denominación de Orixe”, a Banda de Música de Castrelo-Cambados, deu un concerto  en Peñafial un dos lugares
onde saborea o riquísimo viño con denominación de orixe “Ribera del Duero”. Segundo contan as crónicas o concerto foi todo un éxito, e os pieñafielenses foron testemuñas do ben que sona a gaita galega mais aló
da noso pais.  O mestre Xaquin Xesteira, Anxo Xesteira e Miguel  Romero, acompañados polos seus amigos e compañeiros da Banda de Música de Castrelo,   fixeron soar o noso instrumento mais senlleiro en Peñafiel. Isto si que se chama exportar Cambados polo
mundo, estes son os nosos verdadeiros embaixadores que non dubidaron nin un intre en meterse entre peito e costas unha burrada de quilómetros para dar un concerto,  e así que os casteláns coñeceran  un pouquiño a  nosa música. O domingo pasado,  un cachiño de Cambados estivo en Peñafiel, grazas a Banda de Música de Castrelo.

Ningún comentario: