"HAI QUE LOITAR PARA QUE O CONSUMIDOR NOVO BEBA VIÑO"
Un día calquera pola mañá, collemos o coche dirección Cambados. Como non podía ser doutro xeito, choveu polo camiño. O noso destino era o estudo de deseño de Marta Lojo, especializada no sector de deseño de
etiquetas de viño. Chegamos alí e tras andar un pouco polas sinuosas rúas do pobo, finalmente chegamos ao seu estudo, situado nunha casiña de pedra típica do lugar. Tras chamar ao timbre, ábrenos Marta. Ponnos en situación ensinándonos a súa colección de botellas deseñadas polo seu estudo, e tras unha breve explicación dalgunhas delas, sentámonos e comezamos a falar.

Marta Lojo: Empecei no ano 2000 ao visitar a feira de Alimentaria en Barcelona , onde entrei en contacto co mundo do viño, e gustoume tanto que desde ese momento decidín deseñar etiquetas de viño.
The21: E ata ese momento a que te dedicabas?
ML: Estaba estudando e axudando aos meus pais no seu negocio de hostalería. Alí adquirín tamén ese
contacto co viño, e iso fíxome realizar no meu proxecto fin de curso un traballo relativo a unha bodega ficticia e casualmente anos despois tiven que facer na vida real un moi parecido.
contacto co viño, e iso fíxome realizar no meu proxecto fin de curso un traballo relativo a unha bodega ficticia e casualmente anos despois tiven que facer na vida real un moi parecido.
The21: Chámanos a atención que os vosos deseños afástanse do típico que se ve por aí, deses fondos en branco con letras en dourado ou en vermello con tipografías
moi reviradas e serias, Como afecta aos clientes que utilicedes tipografías de pau seco, máis informaís quizá para un produto tan serio como o é o viño?
moi reviradas e serias, Como afecta aos clientes que utilicedes tipografías de pau seco, máis informaís quizá para un produto tan serio como o é o viño?
ML: Existen moitos tipos de viño e non todos teñen que ser moi modernos, é verdade que eses chaman máis a atención pero tamén temos moitos máis "clásicos" que permanecen aí sempre e non fai falta rediseñalos con tanta frecuencia. Depende moito tamén do mercado ao
que te dirixas, por exemplo, o mercado inglés ou alemán é moi clásico, por iso prefiren etiquetas máis clásicas, para que se vendan ben.
que te dirixas, por exemplo, o mercado inglés ou alemán é moi clásico, por iso prefiren etiquetas máis clásicas, para que se vendan ben.
The21: Dános a impresión de que aquí en España existe un enfoque máis clásico nese aspecto, ou que tenden a afastarse do novidoso por ir ao seguro, ao que funciona, que crees?
ML: Temos que pensar que en España en canto ao que en viños se refire estamos situados no denominado Vello Mundo, quero dicir, que si lle dis a unha persoa en EEUU que tes unha adega en España, seguro que a priori pensa é que é un viño de Rioja cun deseño clásico. Pero do mesmo xeito que o ti pensas nun viño francés e vénche á cabeza un Chateau cunha imaxe moi
elegante, de fondo crema con ese estilo clásico de viño francés ; ou pensas nun viño español e vénche sen dúbida algún Rioja, un tinto cunha presentación cun escudo e un "marqués" ou un "conde". Asóciannos a imaxes deste estilo, a deseños clásicos.

The21: E separadamente do deseño en si, a creatividade dentro da propia etiqueta, como algunha que tedes por aí con ilustracións, Que tal funciona?
ML: Pois funcionan ben, aquí fixemos o deseño da etiqueta oficial da Volta Ciclista a España, que era a
primeira vez que se facía, e a etiqueta foi deseñada cunha ilustración.
primeira vez que se facía, e a etiqueta foi deseñada cunha ilustración.
Th21: E para estes casos con ilustracións, Mándanvolas no briefing ou as propoñedes vós? Aumentades a creatividade dentro das etiquetas ou cinguídesvos ao que pide o cliente?
ML: O cliente sempre che marca un camiño, pero aquí tratamos sempre de propoñer algo máis.
The21: E tamén hai que ter en conta o que supón un cambio, por exemplo do que falabamos antes, da o ser o viño un produto que se ve serio, ao metelo nun mercado
máis xuvenil hai que dotar a unha marca dun aspecto máis moderno.
máis xuvenil hai que dotar a unha marca dun aspecto máis moderno.
ML: Por suposto, si queres facer un viño para un público de 30 anos tes que facer algo máis xuvenil que conecte co seu estilo de vida. Ademais estes viños tamén teñen un prezo diferente aos que son de garda e un deseño diferente ao que pode ter un Rioja para un señor de 70 anos. E co consumidor novo hai que loitar moito porque
está cambiando o viño por cervexa ou outras bebidas e hai que conseguir captar a súa atención coa imaxe, ou con cursos de cata nas bodegas para iniciar aos mozos na cultura do viño.
está cambiando o viño por cervexa ou outras bebidas e hai que conseguir captar a súa atención coa imaxe, ou con cursos de cata nas bodegas para iniciar aos mozos na cultura do viño.
The21: Hai agora mesmo varios festivaís orientados á xente nova para inicialos un pouco na cultura do viño para que iso non se perda.
ML: O consumo de viño está descendendo na xente
nova, por iso por medio da imaxe e do prezo preténdese captar a atención de mozas de 30 anos. Por exemplo aquí non se ve viño nos pubs, pero en Londres o máis chic é tomar unha copa de viño nun pub.
nova, por iso por medio da imaxe e do prezo preténdese captar a atención de mozas de 30 anos. Por exemplo aquí non se ve viño nos pubs, pero en Londres o máis chic é tomar unha copa de viño nun pub.
The21: Fostes hai pouco a unha feira do viño en Alemaña.
ML: Si, o ano pasado e o anterior tamén, en Dusseldorf. Que a nivel negocio de viño é das mellores que hai agora mesmo.
ML: Pois sitúase ben, somos un mercado forte e hai que seguir intentando sacalo fóra de España porque hai moita produción e competencia. A presenza en feiras internacionais do viño español é moi importante.
The21: E aquí entra tamén o factor deseño, porque estes
países teñen unha forte presenza neste ámbito.
países teñen unha forte presenza neste ámbito.
ML: Cada vez as adegas melloran máis as súas presentacións e isto convérteas en empresas máis competitivas.
The21: E no caso de que unha adega con gran volume de vendas queira sacar un viño dirixido a outro público pero mantendo a súa imaxe?
ML: Cando unha marca que aguanta anos no mercado con boas vendas hai que ter especial coidado co seu deseño e estratexia e probablemente conveña deseñar unha segunda marca.
ML: Algunhas si, pero moi poucas debido ao elevado custo que lle supón ás adegas.
The21: Cal é a importancia de contar con boas imprentas?
ML: É algo moi importante, máis aló de ter un bo equipo de deseño tamén é importante unha imprenta que saiba imprimir moi ben, aquí en España hai varias. E cada día
saen cousas novas que melloran os resultados.
saen cousas novas que melloran os resultados.
The21: E por agora, Pensades movervos de aquí?
ML: Non, estamos ben situados, en pleno corazón de Rías Baixas.
The21: E existe algún tipo de adaptación do produto á hora de vender noutros mercados, por exemplo en China?
ML: Para vender fóra de España hai normativas específicas en cada país e tes que ter unha contraetiqueta adaptada á súa lexislación. É un traballo moi meticuloso, moi preciso e que ten que cumprir
normas moi concretas porque iso implica o poder vender ou non nun país.
normas moi concretas porque iso implica o poder vender ou non nun país.
The21: Crees que o mercado de viño podería abrirse a outro tipo de envases?
ML: A botella de cristal permanecerá sempre, pero si é verdade que aos poucos se van introducindo envases que aquí non son tan habituais como o B.I.B.
ML: Pois empezamos ás 8:30 da mañá intentando crear o que teñas previsto para ese día, deseños que se axusten ao briefing do cliente e intentar compatibilizar os tempos
que che dan, porque son importantes á hora de conseguir resultados.
que che dan, porque son importantes á hora de conseguir resultados.
The21: E no caso de que se quede a mente en branco e non poidades avanzar nun punto?
ML: O briefing ten que estar moi claro, porque deste xeito chegas antes á solución. Cando non avanzas cun deseño déixalo e volves intentalo pasada media hora e o máis probable é que despois se resolva rápido.
The21: Pois con isto finalizamos a entrevista. Moitas grazas Marta polo teu tempo e este bo intre.
ENTREVISTA RECOLLIDA DA REVISTA DIXITAL THE 21 MAGAZINE E TRADUCIDA AO GALEGO POR "A TI MEU CAMBADOS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario