10 de ago. de 2014

JOSE LUIZ OUBIÑA VOLVE O FOTOPERIODISMO POLA PORTA GRANDE

O FOTOGRAFO MAIS FAMOSO DA RIA DE AROUSA EMPEZA HOXE CUN TRABALLO EN “EL PAIS”.
Falar de José Luiz Oubiña é falar dunha persoa entrañábel, pero sobre todo e falar dun gran profesional que o dou todo
pola fotografía en Arousa. Inxustamente “botado” de certo medio. Iso xa é historia , José Luis dedicouse as traballar de xeito mais “privado” durante todo este tempo, facendo cousas e metido en novos proxectos. Hoxe
alegrémonos sobremaneira que este gran profesional no seu Facebook nos anuncia que volve ao fotoperiodismo, pero pola porta grande como fan os grandes profesionais da man de “El Pais” e cunha reportaxe sobre as vacacións do Presidente de Goberno  nas nosas terras ,
neste caso a nova que ilustra as súas fotos son o de menos,  o importante é o seu traballo e que os lectores de “El Pais" gañan un gran profesional, que se estaba a botar de menos na profesión. O outro día tivemos a sorte de velo por Cambados traballando e tivemos a oportunidade de saudalo. Parabéns José Luiz.

Ningún comentario: