Foto: Noé Parga (Faro de Vigo) |
OS TRABALLADORES DA PISICINA, COMO MOITOS CAMBADESES, NON CONFIAN NUN ALCALDE MENTIREIRO.
Se hai algo en Cambados vallinclanesco e esperpéntico é o noso Alcalde Luis Aragunde, ate onde chega o colmo de
este home que os delegados da CIG , representantes dos traballadores da piscina pidenlle unha xuntanza e cando convoca a mesma , prohibe a entreda dos delegados, está claro que cando un non ten argumentos o primeiro que fai e prohibir as preguntas incomodas, menos mal que non tivo a reunión cos traballadores da piscina mediante unha televisión de plasma.

Os traballadores, camiño do terceiro mes sen cobrar, seguen sen confiar para nada en Luis Aragunde, e mais desconfian de que en
setembro se lle poida rescindir o contrato a concesionaria actual posto que está pode facer uso dos recursos que a lei lle concede e que Aragunde non cita para nada. Os traballadores tamén denunciaron os feitos perante un inspector de traballo que estes días compareceu na seu lugar de traballo, quedando pendente unha xuntanza co mesmo en breve. Tampouco creen os traballadores que ningunha empresa se vaia facer cargo da pisicina coas futuras condicicóns que quere poñerlle o concello, entre outras cousas, pola elevada debeda salarial e o problema enerxético das instalacións. Os traballadores queixanse amargamente da actitude de Luis Aragunde , pois estaos a emprazar para setembro sen darlle ningunha seguridade ou aval de que vaian a cobrar, en setembro faran catro meses sen cobrar os traballdores.

Dende logo os traballadores marcharon desconfiados da reunión de Aragunde , pois o que veu, segundo eles, foi a dar un “mitin”, por iso prohibiu a entrada aos delegados da CIG nun acto de cobardía política. Promesas por parte de Luis Aragunde “Sisi”, moitas, solucións ningunha.
OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ESTÁN
TAMÉN COS TRABALLADORES DA PISCINA E PIDEN QUE SEXA O CONCELLO O QUE A XESTIONE.

Dias pasados os socialistas de Cambados mantiveron unha reunión cos traballadores da piscina, na que lles explicaban a situación tan dura que están a vivir xa que levan tres meses sen cobrar os seus salarios.
Fatima Abal (Foto Cambados TK). |
Como xa manifestou por escrito no Concello hai uns meses Xuventudes Socialistas de Cambados, os socialistas queren que sexa o Concello o que leve a xestión da piscina.
“Os Concellos deben ser “prestadores de servicios“ para
o pobo, para iso están os Concellos, para prestar servizos ós cidadáns, non para gañar cartos a costa deles. Non é de recibo que cando unha cousa non da beneficios se queira privatizar, esta é a maneira que ten de pensar o PP, todo aquelo que non proporciona un beneficio, e só é prestación de servicio, ten que ser privatizado. Así nolo están a demostrar con todo o que están a facer en Sanidade, Educación, Rexistros Civís, Servizos de Augas...“

Os socialistas de Cambados están de parte dos trraballadores da piscina que teñen que facer fronte ós seus gastos, a pesares de levar tres meses traballando gratis. O propietario da empresa, tampouco da a cara e o Concello de Cambados en lugar de esixir responsabilidades, e poñerse de parte dos traballadores, o que fai e anunciar en prensa a axudicación a unha empresa mentres non se leva a cabo a concesión. Cousa que non foi comunicada ós propios traballadores nin representantes destes e polo tanto asunto éste que da lugar a moitas dúbidas e a moitos interrogantes.
No próximo Pleno que se celebrará no mes de agosto, os Socialistas defenderan unha vez máis que a xestión sexa levada a cabo polo Concello de Cambados e preguntaran para que de xeito pormenorizado se explique cómo se vai solucionar este problema e cómo se vai axudar ós empregados, tamén se preguntará que é o que vai pasar se ningunha empresa se fai cargo da piscina.
As consecuencias do peche da psicina, nese caso, serían totalmente nefastas para todo o noso pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario