UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
A principal e vital industria Galega, "o Agro "esta en claro retroceso, nos últimos 20 anos perdeu mais de 25.000
pequenas explotacións familiares, tanto na horta como na gandería.
pequenas explotacións familiares, tanto na horta como na gandería.
E triste e imperdoable que unha industria agroalimentaria punteira no pais, referente de produtos de boa calidade como tenreira Galega, pementos de Padrón,ou un sen fin de produtos da horta se deixen esmorecer por falta de políticas encamiñadas en favorecer a incorporación de xente nova neste sector.
Como se explica que as cooperativas agrarias fagan campañas na procura de xente para traballar as terras, e o
mesmo tempo mais de 50.000 traballadores abandonen o Agro por falta de axudas, e de políticas que fagan viables e sostibles as explotacións agrarias.
mesmo tempo mais de 50.000 traballadores abandonen o Agro por falta de axudas, e de políticas que fagan viables e sostibles as explotacións agrarias.
Como e posible que os gobernantes, non se decaten do necesario que e que un pais como Galicia sexa autosuficiente na súa soberanía alimentaria.E preciso e urxente un cambio de rumbo, e necesario que Galicia sexa quen de poñer en marcha a maior empresa de crear emprego, O Agro non pode ser esquecido.






Ningún comentario:
Publicar un comentario