11 de out. de 2014

EXCELENTE ACTO O DE ONTE DE HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS A CARGO DA RUSA ELENA ZERNOVA

LAMENTABLEMENTE O PUBLICO DE CAMBADOS NON RESPONDEU O QUE DEBIA.
Onte tivo lugar no Auditorio de Cambados un fermoso acto homenaxe a Ramón Cabanillas organizado polo concelllo de
Cambados e polas librarias Contos e Ramón Cabanillas,  e coordinado polo membro da Real Academia Galega Francisco Fernández Rei. .
O acto comenzou coa actuación  de Nacho González e Isabel Castro dous
grandes valedores e expertos da  música tradicional galega que dan clase entre outros sitios en XironsaCorvillón.
 Logo interviu o Alcalde Luis Aragunde alabando o traballo de Elena Zernova a quen mostrou a sua
admiración, así como a labor de Francisco Fernández Rei. Logo entreou no uso da palabra o catedrático Francisco Fernández Rei, quen glosou a figura de Elena Zernova e quen destacou tamén que o acto estivo perfectamente organizado citando
concretamente ao personal do concello. Por último tomou a palabra Ela Zernova  quen fixo un amplo repaso da literatura galega en Rusia.
Seguidamente e novamente Nacho González e Isabel Castro subiron novamente ao escenario , esta vez para intepretar de xeito maxistral,  co seu acordeón Nacho e coa
sua zanfoña Isabel,  tanto o “Romance da herbeira” e “Pasadobre dos Rueiros”.
Comezou a segunda parte do acto  recitando as poesias de Cabanillas Camiño Longo por parte de Luis Rei, historiador e técnico de cultura do Concello de Cambados, “A fouce esquecida”,
maxistralmente interpretada por Xosé Maria Vila Ribadomar, poeta cambadés e rematando  tamén pola fenomenal interpretación de “Galicia” por parte do mestre Manolo Núñez. Elena Zernova ia intepretando estas posesias en ruso.
Rematou o acto unha intervención músical da Escola Municipal de Música, con Modesta Padín e o pianista J. Carlos Fuentes e os alumnos Maria Núñez e Iago Fraga, intepretaron tres pezas rusas “Unha bágoa”, “O Vello Castelo” de Mussorgsky, e remataron con “Danza Rusa”.
O acto rematou coa entrega dun busto de Cabanillas por parte do Alcalde de Cambados e un ramo de flores a Elena Zernova.
Quizais se fallou  algo ou alguen neste foermoso acto foi o publico de Cambados, que ao noso entender debia de acudir en mais número. 
FOTOS: Emilio Moldes (DFiario de Arousa), Iñaqui Abella (Faro de Vigo) e Ramón Dominguez Argibay.

Ningún comentario: