UN LIBRO DO AVOGADO CAMBADÉS ALVARO RODRIGUEZ NUÑEZ XA ESTÁ NA RÚA.
Transcorridos case corenta anos dende a desaparición do franquismo, réxime ditatorial de maior duración da historia
de España, a natureza política do mesmo segue a ser un tema de máxima actualidade e de amplos debates, e asemade, considerado que teoricamente aínda non está resolto. A obra de Alvaro Rodríguez, superando as disputas, teoriza sobre da lexitimación do franquismo na teoría política tradicionalista e consecuentemente sobre a natureza totalitaria e autoritaria do mesmo.

A obra en cuestión, analizando o pensamento político dos liberais españois, dos rexionalistas, dos teóricos do pensamento falanxista, así como dos tradicionalistas e tecnócratas, pretende, dende unha perspectiva contemporánea, proceder a reconstrución da lexitimación
do franquismo, todo elo dentro do complexo proceso político do réxime, así como tamén, complexo proceso de construción do estado.

O libro ven a ser un estudo político, partindo de Gino Germani e Barrington Moore da lexitimación, ( Weber), da
ditadura franquista. A través de diferentes teóricos políticos da época, desde Clara Campoamor, Marañón, Ortega e Gasset, galeguistas como Vicente Risco ou catalanistas como Cambó, e un longo etc, estúdase a orixe política da insurrección militar que deu lugar á Guerra Civil. Analízase a súa natureza autoritaria ou totalitaria, a súa evolución, e as causas da terminación na Democracia liberal actual. Conceptos básicos son "Catonismo", "tradicionalismo ideolóxico", e "autoritarismo".

ALVARO RODRIGUEZ NUÑEZ
Naceu en Cambados en 1972 é Avogado e Doctor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro de Cambados en dúas lexislaturas por Independentes por Cambados. Hoxe está adicado en corpo e alma o seu traballo como avogado e a escritura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario