7 de out. de 2014

O BNG DE CAMBADOS CELEBRA ASEMBLEA ABERTA OS SEUS MILITANTES E SIMPATIZANTES

SERÁ O VINDEIRO XOVES 9 DE OUTUBRO EN EXPOSALNES
O BNG de Cambados ven de invitar os seus militantes , simpatizantes e público en xeral a unha Asemblea aberta que se vai celebrar o vindeiro xoves, nove de outubro, ás 20.30 horas no edificio Exposalnés  sito no Paseo da Calzada. No
intre de publicar esta nova descoñecemos que son as persoas que se van dirixir ao público pero nos imaxinamos que entre outros será o portavoz municipal Victor Caamaño Rivas, quen a día de hoxe aínda non foi nomeado oficialmente candidato a Alcaldía de Cambados, pero que ten todas as "papeletas" para selo. Dos tres partidos que por agora amosaron intención de presentarse as vindeiras eleccións municipais é o único que falta por confirmar o seu candidato, xa que tanto Luís Aragunde polo PP e Fatima Abal polo PSOE, xa o fixeron publica e oficialmente.
Fotos: DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: