9 de out. de 2014

SARA FARIÑA COMPITE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO NUN CERTAME INTERNACIONAL DE PERRUQERÍA

A CAMBADESA REPRESENTA AO NORTE DE ESPAÑA EN MARRAKECH ENTRE O 2 E O 5 DE NOVEMBRO
A perruquera de Cambados Sara Fariña volverá ser a representante do norte de España no International Trend Vision, un concurso de perruquería convocado pola marca
de cosmética Wella. A semifinal celebrarase entre o 2 e o 5 de novembro en Marrakech (Marruecos), e a estilista arousán participa na categoría de novos talentos. Fariña medirase a outras tres perruqueiras españolas na súa categoría, e só una delas participará na gran final, que este ano ten lugar en Mónaco.
Sara Fariña xa foi a representante do norte de España no Trend Vision de 2013, celebrado naquela ocasión en Praga (República Checa). Entón non logrou o pase para a final, pero si se alzou co subcampionato nacional en novos talentos e levouse o premio Silver. Nesta ocasión, polo tanto, Fariña intentará en Marrocos quitarse a espina e participará cun peiteado que vai lucir o modelo vigués Jairo Rodríguez.
Sara Fariña ten o seu salón, "A pelu de Sara" en Cambados e é coñecida polas súas apostas modernas e vangardistas para o cabelo, así como pola organización de eventos benéficos. O último foi a principios de agosto pasado, cando puxo en marcha un desfile de perruqería cuxos modelos eran persoas que superaran ou que estaban superando o cancro, e cuxos ingresos en ventaniña
dedicáronse á Asociación Española de Loita contra o Cancro. Convocou a actividade despois de que llo suscitase unha cliente que sufrira a enfermidade.
A pasarela foi un alegato á autoestima e a confianza en si mesmos dos pacientes de cancro, aos que Fariña aconsellou seguir consentindo o seu aspecto persoal.
NOVA RECOLLIDA ÍNTEGRAMENTE EN FARO DE VIGO
FOTOS: FARO DE VIGO E ALZA LA VOZ CAMBADOS.

Ningún comentario: