12 de nov. de 2014

A PROFECÍA

“Cando os Xudeos regresen a Sion, e o Santo Imperio Romano renaza, ti e eu morreremos. Dun inmenso océano levantarase creando un poderoso exercito, que loitará irmán contra irmán, ata que o mundo chegue ao seu fin” . Os eruditos identificaron ese Imperio coa creación do Mercado Común Europeo, e o
océano co mundo da política, un mar azoutado por continuas tormentas e tempestades. Segundo o Apocalipses
de San Xoán, o Anticristo virá do mundo da política. Pois sen dúbida a película de Richard Donner bebe en fontes do todo veraces, porque me atrevo a dicir, que son xa varias as ocasións en que fixo acto de presenza, en forma de ditadores, en forma de gobernantes sen escrúpulos, e toda unha variedade de falsos profetas que coas seus consignas crearon un caos ao seu aredor. É certo: un libro, un guión para unha película de ficción, necesariamente non teñen porque ter un paralelismo coa realidade, pero témome que como en tantas outras ocasions si proxecta temas de actualidade querendo ou sen querer.
Todo isto vén a conto, como non, pola actual crise económica, social e de valores, nas que segundo o que se publica en diferentes medios, o home busca unha alternativa, unha resposta ante a perplexidade á que o someten os acontecementos presentes. Sen tomar partido por unhas crenzas (Igrexa) e outras (Estado), no ultimo Pleno da Corporación Municipal producíronse os peores vicios e os peores xeitos, que fan pensar na dualidade que os antigos denominaban Ormuz (o ben) e Arimal (o mal).
E a política no medio, a mesma que os homes escolleron como xeito de regular a sociedade, xunto á lei. E polo que
se acerta a ver, ambalas dúas están cunha crise galopante. O poder xera unha gran responsabilidade, e hai persoas que non o xestionan con esa virtude á que os gregos refundaron coa palabra “arete”, entendida como eficacia. Pos está en dúbida a mesma polo que está ocorrendo en boa parte de Europa naqueles países que foron berce da civilización, e protagonizaron acontecementos cruciaís no pasado de Europa. Como dicían os sociólogos fai ben pouco, o mellor xeito de xestionar unha Comunidade seria nunha aldea, un pobo, onde os lazos amarranse fortes entre todos, e houbese un circulo non demasiado grande para poder chegar a toda a súa circunferencia sen medo a
volver ao seu punto de inicio.
Pois os feitos xa deron esta tese como errónea; non hai xeito de poñer orde en tan reducido espazo. Fun espectador de todas estas cuestións como Publico na ultíma sesión da Corporación Municipal, o pasado xoves 30 de Outubro. E aínda que a lei e a política deben estar en consonancia, aquí en Cambados non ocorre, e vou explicar por que desde a miña humilde opinión.
As plusvalías que a comunidade xera deben ir directamente ao lexitimo xerador das mesmas, neste caso, os veciños de Cambados. Un dos primeiros puntos da orde do dia foi a aprobación das ordenanzas reguladoras de prezos públicos. Son prestacións de carácter non tributario, e fonte de ingresos da Corporación. Tal está  a deríva das contas do Concello, que cada dous por tres hai que axustar un modelo de xeito discrecional, ou o que é o mesmo, política, cando
debe de selo con carácter predominantemente técnico. E todo en consonancia cun afán partidista, no que se quere mostrar que Deus unha vez dáche, e outras veces quítache (que é certo), pero nunca con tanta disparidade de criterios. O que non se pode facer é un Orzamento que este continuamente suxeito a cambios. Ten o mesmo, un principio de especialidade temporal (anual) e cuantitativa (especialidade dos gastos). Pois non hai xeito que o Goberno Municipal cumpra ambos criterios, cando un Pleno si e outro non, cambiamos unha cousa, subimos un imposto, baixamos outro, e todo empanado cunha improvisación que ao cidadán o único que lle crea é
desconfianza. Mídese o IPC ao final de ano e non a economía real, a dos veciños que deben facer florituras para chegar a final de mes. Cando un sufraga un servizo o que impele é ter unha contraprestacion, é a base de calquera canon. Que Cambados teña uns tipos impositivos dunha capital de provincia é algo que non acerto a explicar. De que serve que baixe ou se nivele a auga, cando resulta que o IBI esta disparado, que non hai actividade urbanística apenas, que fai que un dos impostos que mais dividendos
crea, o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, non teña entrada nas arcas municipais ao non haber actividade algunha. Luís Aragunde Aragunde e anteriormente Touris, aos catro ventos, publicitaron un Polígono Industrial que ía ser a envexa da Comarca, e a dia de hoxe, nada de nada, as poucas Empresas que están alí son en realidade filiaís das que xa están no casco urbano. Victor
Caamaño, Portavoz da Oposicion polo BNG ten unha boa memoria, xa que é Concelleiro da Corporación desde ha longo tempo, e non esquece todo o visto e oído: os Romanos, cando ocuparon Galicia e chegaban ao rio Limia dicían que si o cruzaban perdían a memoria. Pos o Limia non sei, pero o Umia cruzouno dun extremo ao outro noso Rexedor, cando non recorda nada…Fun testemuña dun cruzamento de palabras entre Alcalde e Portavoz poñendo énfases no particular, e francamente a dia de hoxe estou desconcertado. Ao parecer, segundo o relatado polo primeiro edil da Corporación, iso tivo un frenazo por mor da entrada en escena da crise económica, que ninguén a podía prever. Pois entón que me explique o por que ás criticas ao anterior goberno en Madrid, si agora resulta que nós utilizamos as mesmas escusas. É certo que a maior parte
dos economistas non pensaban que a hecatombe ía ser como a actual, pero cando un emprende un proxecto debe poñerse tamén no peor dos escenarios, e as continxencias non estiveron cubertas. Cando unha casa comézase polos cimentos aquí se construeu primeiro o tellado. A actividade empresarial debe estar garantida, a viabilidade constatada antes de comezar tan magna empresa, e non o estaba, a realidade así testemúñao. Calquera que se achegue ao Polígono de Sete Pías pode comprobar que aquilo esta mais que orfo e deserto. Ao parecer, Luís deixou entrever que non dorme polas noites, que ten reunións e reunións para que empresas instálense no Municipio, pero que piden tal cantidade de metros cadrados, que non hai …entón mais diñeiro para investir na Cidade de Tourís… iso non llo cre ninguén, alcalde. Por moito que diga que Cambados esta ben comunicado, e que ofrecemos todo tipo de facilidades, os acontecementos non fan nada mais que demostrar que a ninguén lle interesa
instalarse aquí. E por algo será, porque na Comarca si hai Empresas, pero van onde hai un mercado potencial, onde hai un tecido industrial xa creado, e aquí non existen ambas cousas. E doe dicilo, pero Cambados en virtude do chan, é unha das zonas mais caras de Galicia, de lonxe. Así pouco se pode facer.
E da man dunha cousa, vén outra: a Contratación, un dos grandes problemas que aburan ás Administracións Publicas. E aquí entrou a Portavoz do Grupo Socialista, Fatima Abal a recordar ao grupo de goberno que os recoñecementos extraxudiciais de crédito son a última opción, que é unha excepcionalidade á regra, e aquí no Concello é algo que se repite un Pleno si e outro tamén por mor da falta de planificación. Non podemos votar a favor de tales medidas porque supoñen uns intereses que os imos a pagar os veciños. Cada vez que se aproba unha medida semellante non fai senón mais que empobrecer aos Cambadeses, e iso é unha realidade palpable. Outra das
cuestións das que habería que falar, e que non se chego a tocar porque non se contestan ás preguntas que a Oposición formula, é que a modalidade de contratación negociada e sen publicidade tense que acabar, que iso é outra excepcionalidade que as Administracións abusan con descaro. A cuberta do Colexio Antonio Magariños foi licitada de tal modo, coa que se soslaia o IVA e os prazos, de tal modo que a dia de hoxe aínda esta aquilo deixado da man de Deus.
Cun procedemento aberto, onde tivesen a oportunidade de presentarse ata 5 empresas, faria que os prazos fosen mais curtos, pero claro, así non poderiamos ter o control sobre a adxudicataria. Eu estou esperando a que o Concello de Cambados publique os Pregos de Prescricións Técnicas e Particulares na páxina Web, mais dun se levarían unha sorpresa, pero non interesa: canto menos saiban os veciños mellor, así nós facemos e desfacemos. E ten que acabarse dunha vez a contratación verbal, da que tamén fai gala o noso Concello. Os Socialistas de Cambados teñen nas súas filas xente preparada nestas cuestións, por iso dirixe o foco dos seus criticas á pésima xestión do Goberno Municipal. No grupo de Goberno non se si hai algún Licenciado en Dereito (Fatima Abal), en Politicas (Regina Nunez) ou en Economicas (Milagres Martinez), pero dá a sensación que son dun perfil baixo, tirando a mediocre, e así pouco se pode facer. Os veciños xa saben a quen teñen, e si non fóra polos Técnicos e os Funcionarios de Carreira e Persoal Laboral, ainda era un desastre maior. E isto é mais grave si cabe porque si hai no noso Concello xente cualificada para estes traballos que se esta podrecendo no PARO, o mesmo que o Alcalde négase a recoñecer (o drama dos 1380 parados da nosa localidade que están rexistrados, ollo, porque o paro real é aínda maior). “Que o “ratio” por poboación di que non estamos tan mal” (Luís Aragunde) …que cara. Como se pode ser tan ruín e tan groseiro para non dar a cara polo maior problema, xunto á crise económica, existente no noso pobo. Sen comentarios, si retrátanse eles mesmos en realidade. Non hai unha soa oferta de colocación  o Servizo Publico de Emprego de Cambados salvo en tempada estival, nin unha, excepto de comercial, que eses si traballan mentres vendan (en Cambados pouco,como o Comercio, en todo caso ter unha oficina aberta).
A renglón pasado o BNG presentou unha moción sobre a comercialización de proximidade,. O Grupo Nacionalista é consciente que o maior potencial de Cambados e o único existente xunto ao pequeno comercio e o sector servizos, é o sector primario (o mar e o campo). Pois a contestación á Moción do Concelleiro do Grupo de Goberno Eulogio Pomares foi “xúroche Victor que non entendo o que pides” ...”non se entende” … e a continuación saiu polos Cerros de Ubeda e comezou a falar de Directivas Comunitarias e de Recomendacións, de que o é un experto no Sector, e que o solicitado xa o contempla a lei, que non pode votar a favor. Victor pregúntoulle si se había lido o escrito e contéstoulle que
a primeira liña, e que despois se perdeu … todo isto o dicía cun sorriso na cara, e xactándose de que a oposición non sabe nin o que solicita. A titulo particular non teño esa moción do BNG pero os modos non son os que corresponden, Eulogio, en todo caso,  eu me aforraría os cualificativos, e unha vez esta seguro de que non procede, o resolvese dun xeito cordial e aberto, pero nunca utilizando a perspectiva de altura. Hai que ser mais humilde Eulogio, Luís, e compañía. Ser sensible coas preocupacións dos veciños, ter empatía, e facilitar o labor de oposición. Pois son como o Catecismo, din non, pero non explican por que non.
O colmo dos colmos chego coa solicitude de Acceso ao Rexistro e aos Expedientes que en todo caso non están suxeitos a normativa especifica e néganse a facilitar, de tal modo que hai unha lista interminable de requerimentos ao Valedor do Pobo da Agrupación Socialista que polo que parece esperan ata o ultimo momento para mostralos, chegado o caso. E a "nemesis", no centro do debate, o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais que en lectura e de viva voz que o Concello de Cambados vela pola Lei .. “manda huevos” (Federico Trillo). É que non teñen temor de Deus. Vai ser certo que o Fin do Mundo achégase porque chegado o punto, créense ata as súas propias mentiras como o seu Xefe Rajoy.
Deus gárdenos confesados …
Un artigo de Oscar Manuel Núñez







Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: