15 de nov. de 2014

A VOLANDEIRA

UN ARTIGO DE MARI SANMAR
Son moitas ás persoas que están a preguntar estes dias pola Zamburiña ou Volandeira,despois de anunciar a ''bombo e platillo'' que a campaña xa
comezara. A extracción de este bivalvo esta pechada pola Toxina ASP, denominada como Amnésica e paralizante, esta
toxina tarda  mais en desaparecer a o contrario que á Dsp que é a diarreica, por iso aínda no abriu , pero esperemos que pronto este para volver a comercializarse. Moitas persoas din que isto é un conto ,promovido por políticas, eu non é a primeira vez que vexo nun laboratorio morrer ''o Rato'' como aquí vense a
usar moito esa expresión no sector meixoeiro, que ,é quizais o mais afectado con frecuencia pola marea vermella .Que antes non había isto! Tamén dicir que antes 'se morría de morte morrida' como din os mais maiores. Grazas a Deus a ciencia vai avanzando cada dia mais a o igual que aparecen novas enfermidades e virus, esperemos que na campaña de Nadal nos deixen traballar e que as mareas nefastas para os sectores do mar non veñan a mais , se non será unha ruína para as familias que vivimos do noso mar,  e a poder consumir produto Galego que é o mellor do mundo enteiro!. Un saúdo e boas tardes para todos.
Mari Sanmar, Peixeira en Cambados.











Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: