O Plan de Garantía Xuvenil e o exilio económico serán as cuestións centrais a tratar na visita das XSG a Bruxelas
As XSG manterán un encontro co europarlamentario galego José Blanco e
coa Voceira do PSOE no Parlamento Europeo Iratxe García
coa Voceira do PSOE no Parlamento Europeo Iratxe García
As Xuventudes Socialistas de Galicia viaxan esta semana a
Bruxelas para visitar o Parlamento Europeo e así coñecer in situ o funcionamento da Unión Europea e as súas institucións.
Bruxelas para visitar o Parlamento Europeo e así coñecer in situ o funcionamento da Unión Europea e as súas institucións.
O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou que “aproveitaremos que estamos nunha das sedes do Parlamento Europeo para trasladar a nosa preocupación polo Plan de Garantía Xuvenil, xa que é importante saber que vai a facer o
Goberno co diñeiro do programa. Nós propuxemos axudas directas á contratación e apoio á formación, mentres que o opción elixida polo PP de deducións fiscais ás empresas é un erro xa que a demanda está saturada”.

“Estamos preocupados pola aplicación do Plan de Garantía Xuvenil no noso país e seguimos agardando a que o Sr. Feijoo diga tan sequera se sabe o que é este plan e en que consiste. Ao mellor está agardando para facelo en ano electoral como o plan de vivenda”, sentenciou o Secretario
Xeral.
Xeral.
Neste senso, Bouza afirmou que “o exilio económico que están a padecer os mozos e mozas do noso país é unha cuestión de primeira orde que queremos trasladar aos nosos representantes para
encontrar solucións a este drama”.
encontrar solucións a este drama”.
Ademais, as Xuventudes Socialistas de Galicia manterán un encontro co europarlamentario galego Pepe Blanco e coa Voceira do PSOE no Parlamento Europeo Iratxe García para trasladarlles as inquedanzas dos mozos e mozas de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario