22 de nov. de 2014

CRÓNICA DUNHA DIMISIÓN ANUNCIADA

Daniel Diaz
PODEMOS CAMBADOS SINALA QUE O DIMISIONARIO DANIEL DIAZ QUERIA ACAPARAR TODO O PROTAGONISMO.
Segundo manifestaou ao Faro de Vigo un portavoz autorizado  da actual dirección de Podemos Cambados, era a crónica dunha disisión anunciada:   “Unha  organización
nova e que acaba de nacer, como esta, entra xente de todo tipo. E algúns queren acaparar certo protagonismo.
Hai xente que pensa que Podemos é o seu xoguete, e non se dá conta de que actuando así o único que fai é causar dano aos demais". Este mesmo portavoz nega as acusacións de Daniel Díaz, e afirma que "nas nosas asembleas sométese todo a votación", e apunta de feito que Díaz "pode vir sen problema ningún á próxima reunión que teñamos e expoñer alí as súas opinións".
Podemos ten uns 135 afiliados no  Salnés, e unha veintena en Cambados. A formación está escollendo agora aos seus representantes oficiais nos municipios e comunidades autónomas. É un proceso iniciado trala elección de Pablo Iglesias como secretario xeral e que concluirá en
xaneiro.
Daniel Díaz, que estivo actuando ata agora como un dos portavoces do círculo de Podemos en Cambados, fixo pública onte pola tarde a súa saída do partido por discrepancias cun grupo de membros da formación local que, segundo el, ningunean aos demais. "Nas únicas asembleas
que se fan mostran un autoritarismo total impedindo calquera achega dos asistentes e eliminando a quenda de ruegos e preguntas", manifesta.
Segundo Daniel Díaz "existen varias persoas coartando o traballo dos demais, tomando como
válidas únicamente as súas ideas e facéndose mediante enganos coas contraseñas das redes sociais e correo". Engade no seu comunicado
que ese grupo toma as decisións sen consultar aos demais, e que por todo iso decidiu deixar tanto o seu portavocía como o círculo.
Estas acusacións  foron desmontadas totalmente por Podemos Cambados.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.


Ningún comentario: