16 de nov. de 2014

DE PEIXES E PEIXEIRAS.

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
A min pásame o que aos emigrantes na Europa,agora outravolta de moda
desgrazadamente para a economía do país e para eles que non a elexiron voluntariamente maiormente,ocurre na
Compostela cosmopolita e capitalina,a aldea global que escribira Otero Pedraio,coméntanme que son demasiado localista, Cambados non pode ser tan especial e interesante
mesmo da comarca do Salnés falo con entusiasmo coma se o mundo escomezase alí,pero como non vou amar unha terra coa posta do sol mais fermosa dando pinceladas de todo o abano cromático do bermellón a un val avenzoado polos Deuses,mesmo o único Deus verdadeiro
mandou ao seu fillo a descansar ao monte da Pastora cando lle apareceu o Diaño que viña de estar moito tempo en Valladolid tentando ao fillo de Deus con esta frase:"Todo esto te daré menos Cambados,Fefiñáns y Santomé",xa daquela andaba Paco Fernandez Rei correxíndolle a toponimia. Pero se é singular éche `polas xentes que viven,traballan e loitan diariamente por sacar adiante ás familias con tesón e firmeza,en particular as abnegadas mulleres do mar,especímenes incríbles que sachan na terra,fan as labouras da casa,axudan aos fillos nos deberes escolares,labran o Serrido e coidan dun ben inmaterial na sociedade Arousán inda non ben agradecido.Son as actuais Amazonas dun Umia agora
embalsado coidando a biodiversidade da que viven e que xa alavara na "gaita gallega" o precursor Pintos.Non vos estrane que cando o fatídico afundimento do Prestige foran os da ria de Arousa os que se enfrontaran ás autoridades pola inoperáncia destos.Como non vou botar de menos ás mullerres de Cambados se entre elas atopábanse a miña bisavoa e a miña avoa Maria e Carmen que xunto co seu amigo Xesús dende A Pastora irredenta que non se deixou engaiolar, botan un alento ás novas da familia Eva e Mercedes, heroínas do Século XXI.
UN ARTIGO DE XAN GALBÁN







Fotos: Faro de Vigo, Diario de Arousa e Google Imaxes.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: