22 de nov. de 2014

FATIMA ABAL: “O ÚNICO QUE SE EMPEÑA EN XUDICIALIZAR A POLÍTICA É LUIS ARAGUNDE, POIS É QUEN INCUMPRE REITERADAMENTE COA LEGALIDADE.

OS SOCIALISTAS CUALIFICAN DE VERGOÑENTAS AS DECLARACIÓNS DE ARAGUNDE E INSTAN A QUE CUMPRA COA LEGALIDADE E DEA ACCESO Á INFORMACIÓN MUNICIPAL
A voceira do PSdeG cambadés, Fátima Abal, saíu estes días ao paso das declaracións de Luis Aragunde nas que cualificaba
como “lamentable” a denuncia vía contencioso-administrativo presentada por este grupo.  Abal manifestou que “a única obsesión que perseguimos os socialistas cambadeses é que se cumpra coa legalidade e se nos permita ter acceso ao rexistro municipal que segundo a normativa vixente nos corresponde por ser representantes dos cambadeses”. 

“O único que se empeña en xudicializar a política é Luis Aragunde, pois é quen incumpre reiteradamente coa legalidade, polo que non nos deixa outra saída que acudir aos tribunais”. “Solicitamos acceso á información do rexistro municipal seis veces, dende xullo, acudimos ao Valedor do Pobo e en sesión plenaria recordamos que de non recibir resposta, acudiriamos á xustiza”, engadiu Fátima Abal.   

Ademais, a dirixente socialista quixo recordar que “é
lamentable que non saiba diferenciar entre un escrito presentado ante a fiscalía vía penal e unha denuncia nos xulgados do contencioso-administrativo ou que pretenda enganar aos cambadeses con dous temas diferentes”. 

Por outra banda, a voceira socialista afirmou que “vender como un xesto de transparencia que dispoñamos das resolucións de alcaldía ou se nos responda ás preguntas que presentamos deixa claro o que entende o Partido Popular como transparencia, pois esa información é obrigatoria entregarlla aos concelleiros por imperativo legal”. 

“As escusas de que non dispoñen da plantilla suficiente
Añadir leyenda
para atender as nosas demandas non son cribles, o que realmente pasa e que ten asuntos escuros e turbios que quere agochar e ten medo a que saian á luz grazas á nosa labor de oposición”, sentenciou Fátima Abal. 
    
PSdeG-PSOE Cambados http://www.socialistascambados.com
info@socialistascambados.com
Agrupación Socialista de Cambados
Rúa Borrón 11, 1ºEsquerda
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: