DOUS EMPREGADOS MUNICIPAIS, O ALCALDE E O XUVEN (EN PARTE) POÑEN TRABAS, DE DISTINTA NATUREZA, PARA QUE POIDA XOGAR NO POMBAL, SEGUNDO ALGÚNS PAIS CONSULTADOS.
A veces un cando lee a prensa do día non da creto ao que lee e ten que refregar os ollos para ver si verdade o que está
lendo, é o caso do hoxe no Faro de Vigo, nova que publicamos integramente mais adiante, pero antes previa consulta con varios pais e nais do XAV queremos contar que dous empregados municipais, dos cales por
agora non imos desvelar a súa identidade, pero como sigan coa súa actitude obstrucionista si o faremos, están a poñer trabas ao XAV de diversas formas. Un deles cunha actitude desafiante chegoulle a dicir un directivo do XAV que estaban a facer política con esta tema, cando todo o contrario, nos temos que tirarlle da lingua aos pais e a directiva para que conten algo, porque non sabemos porque a xente ten “medo” neste pobo a manifestarse en público sobre todo cando se fala do Concello de Cambados. Pero quen se crera este empregado público, cuxo soldo pagamos todos, para chamarlle a atención a todo un directivo do XAV. O outro empregado está a poñer trabas directamente dende o seu posto de traballo. Que dicir do Alcalde de Cambados que lle prometeu varias veces a directiva por activa e por pasiva que ían a ter onde xogar de sobra, sen ir mais lonxe , onte o Alcalde de Cambados dicía na Voz de Galicia “O XAV de Cambados poderá utilizar os Pavillóns dos Salesianos, San Tome, Asorey e o Pombal.”, tan grande como é o titular deste periódico tan grande e a mentira do Alcalde non é certo isto e el sabeo, pois prometeulle a directiva que esta semana que entra trataría de solucionar o problema e el onte xa o dou por solucionado o tema. Si tal é así como di Aragunde, porque non lle da por escrito esta autorización para poder utilizar cando o XAV queira e poida estes pavillóns?, simplemente porque aínda ten que facer xestións perante os propietarios, caso dos Salesianos e Asorey, e perante os usuarios caso do Pombal co Xuven e de Santo Tome co Cambados Tenis de Mesa, que son practicamente os usuarios destes pavillóns ao 100%, sobre todo o Xuven no Pombal. De feito algunha nai atrevese timidamente a criticar nas redes sociais ao Xuven dicindo que se creen os propietarios do Pavillón do Pombal, e si ben é certo que teñen que ter certa preferencia, é certo tamén que deben facilitar a que o XAV xogue no Pombal e non esperar que o seu presidente “apele” a solidariedade para poder xogar, e aquí xa entroncamos coa nova de hoxe publicada no Faro de Vigo que polo se interese informativo publicamos integramente:

O club de voleibol feminino XAV Cambados apela á solidariedade das demais entidades deportivas do municipio para que lles cedan algunha franxa horaria nos pavillóns para disputar os seus partidos de liga como locais. Un chamamento que o presidente do XAV, Suso Bao dirixe especialmente ao Xuven de baloncesto, posto que o pavillón de O Pombal é o que reúne as condicións idóneas para a disputa de partidos oficiais de voleibol.
"Apelamos á solidariedade para poder xogar os nosos
partidos", manifestou onte Bao. O XAV conta cunhas 60 deportistas de entre 8 e 38 anos -teñen media ducia de equipos de diferentes categorías- e este fin de semana ha ter que aprazar dúas dos tres partidos de liga que tiñan que xogar contra Teis porque carecen dun pavillón onde celebrar os encontros ao estar en obras o do instituto Cabanillas. Así as cousas, só puido xogar o equipo sénior cando terminou o seu partido o Xuven.

Suso Bao manifesta que o único que piden é que lles cedan unha instalación para adestrar os venres a partir das 22 ou 23 horas -algunhas das súas xogadoras chegan tarde ao estar estudando na universidade-, así como o pavillón de Ou Pombal a partir das 20 horas do sábado e unha franxa os domingos pola mañá para celebrar dous encontros.
Así mesmo, Bao quixo manifestar a raíz dun escrito do BNG que "estamos á marxe dos partidos políticos. O único que queremos é solucións para o club e resolver o problema sen política polo medio".
O presidente do XAV engade que no fondo "o que nós pedimos é un reparto máis equitativo dos espazos públicos" e reivindicou o dereito das xogadoras de voleibol a usar tamén Ou Pombal."
Esperemos que esta semana que entra quede o problema solucionado e que o XAV non teña problemas para poder xogar e adestrar as súas xogadoras no futuro. Se por parte de todos se pon boa vontade claro que se pode solucionar o problema e non ter que todo un presidente "apelar a solidariedade doutros clubs”, para poder xogar. Tanto dereito teñen uns como outros para xogar e adestrar.
A todo isto o gran problema deste pobo é que non existe un padroado ou fundación deportiva que como noutros concellos soluciona estes problemas e non teñen que esperar a que tanto empregados públicos como políticos teñen ou non “boa vontade”.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario:
Publicar un comentario