18 de nov. de 2014

NOVA OFENSIVA XUDICIAL CONTRA ARAGUNDE POR PARTE DO PSOE CAMBADÉS

O Grupo Socialista de Cambados denuncia a Luis Aragunde mediante un Recurso contencioso administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas ante o Xulgado de Pontevedra
A voceira do PSdeG-PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, presentou esta
mesma mañá no Xulgado de Pontevedra un escrito para iniciar un Recurso Contencioso Administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas.
O obxecto do mencionado recurso é a vulneración por parte
A VALENTE
GUERREIRA
do Alcalde de Cambados do dereito á participación política consagrada na propia Constitución e a obstaculización da labor de oposición ó non permitir nin dar acceso á información solicitada polas concelleiras socialistas.
En concreto, o escrito refírese á solicitude de acceso ao rexistro do Concello de Cambados, solicitude presentada o 3 de xullo e reiterada o 7 de xullo, o 15 de xullo, o 21 de xullo, o 6 de agosto e o 15
de outubro. Solicitude, ademáis, feita ante o Valedor do Pobo sen contestación por parte do Concello, a pesares de ter feito este organismo dous requerimentos para que o Concello de Cambados cumplise a legalidade.
Por todo isto, a voceira afirma que  ´´queda patente unha vez máis a política de oscurantismo e pouca transparencia
que se leva a cabo polo equipo de goberno encabezado por Luis Aragunde, e iso que no último Pleno o grupo socialista levou como moción a ratificación do Código de Bo Goberno aprobado pola FEMP, moción que o grupo popular votou a favor amparándose en que xa o estaban cumplindo a pesar de non ter sido ratificado polo noso Concello ata ese momento, outra das moitas mentiras de Luis Aragunde‘‘. Nin o estaban a cumplir antes nin o están a cumplir agora, levamos 4 meses esperando ver o
rexistro, cando por lei nos correspondería como máximo esperar 5 días. Nin o vimos antes nin tiñamos expectativas de velo se non fose pola presentación deste recurso contencioso administrativo,“  así o afirmou a voceira socialista, Fátima Abal.  “Moito me temo que éste será o primeiro pero non o último contencioso que presentemos contra o Concello“
“Unha vez máis, queda claro que a Luis Aragunde non lle doen os cartos dos cambadeses e non lle importa gastalos na xustiza pese a que lle avisamos reiteradamente de que ten a obriga de darnos a información solicitada ou senón
iriamos aos xulgados. O que non podemos permitir desde este grupo é que Luis Aragunde obstaculice a nosa labor de oposición, que oculte información ao cidadán e que siga xogando cos cartos dos cambadeses por estar encaprichado de non darnos acceso á información que solicitamos‘‘. 
“É lamentable que un grupo que representa tamén aos cambadeses teña que acudir aos tribunais para que se lle faga entrega da documentación que lle corresponde por lei“, sentenciou Fátima Abal. 

  PSdeG-PSOE Cambados
http://www.socialistascambados.com
info@socialistascambados.com

Agrupación Socialista de Cambados
Rúa Borrón 11, 1ºEsquerda

Fotos: FAro de Vigo,. Diario de Arousa e A TI MEU CAMBADOS.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: