LUIS ARAGUNDE, NESTE TEMA, “NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”.
O BNG de Cambados ven de presentar un escrito no concello interesandose pola grave descriminación que está a sufrir o XAV cambados con respecto a outros clubs da vila e di no escrito en cuestión que na prensa de onte recollíase unha noticia sobre a situación de precariedade, con respecto ao uso instalación deportivas municipais, polas
que está a pasar o club de voleibol (XAV), afirmando que, nalgunha das categorías, nin sequera pode xogar en Cambados os partidos das ligas asignados como local. Na mesma queixa tamén se facía referencia á gran dificultade para utilizar o pavillón municipal do Pombal; polo que ven de solicitar que se dean a coñecer cales son os criterios que utiliza o concello de Cambados para a asignación da utilización do pavillón municipal do Pombal?, que técnico municipal é o encargado de realizar a asignación semanal de espazos deportivos?, por que medio e con que regularidade se comunica dita asignación?, como deben realizar os clubs deportivos a súas peticións de pistas?, fai o concello algunha reunión conxunta cos representantes das entidades deportivas municipais para tratar este tema e tentar buscar unha solución de consenso a esta problemática?, por que o concello non elabora un regulamento de usos das instalacións deportivas municipais que rematen coas problemáticas que se están a dar no noso municipio?

O Consello Nacional do BNG acordou apoiar activamente a manifestación nacional convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que terá lugar o sábado 22 de novembro, en Compostela, con saída ás 12.00 horas da mañá desde a estación do tren baixo o lema “Que non nos rouben os nosos montes!”.
--------------------------------
O BNG apoia as mobilizacións convocadas pola Alianza Social Galega, para o vindeiro domingo, en oposición á reforma da Lei de Seguranza Cidadá, actualmente en tramitación parlamentar nas Cortes do Estado.
Desde o BNG do Salnés fai un chamamento a militantes e simpatizantes a participar naconcentración que na nosa comarca será o domingo día 23, ás 12h. da mañá, diante do concello en Vilagarcía de Arousa (Praza de Ravella).
--------------------------------
Como todos os anos podes dirixirte ao/a responsábel local do BNG no teu concello ou ao local comarcal en Vilagarcía se queres mercar a lotaría do nadal que xogan na comarca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario