26 de nov. de 2014

O RESTAURANTE YAYO DAPORTA INICIA PROCESO DE SELECCIÓN PARA PERSONAL DE COCIÑA

O famoso e televisivo cociñeiro cambadés Yayo Daporta, anuncia no seu facebook, que comeza o proceso de selección para o seu restaurante. Todos aqueles que estean interesados en traballar no coñecido restaurante cambadés poden enviar o seu curriculum a reservas@yayodaporta.com
Yayo desde o 26 de maio de 2005 dirixe en Cambados os fogons do restaurante.
A afección culinaria de Yayo Daporta vén de moi atrás, xa que a súa familia ten unha arraigada tradición no cultivo do marisco en Ría de Arousa e é unha das máis importantes neste sector. 
Isto lévoo a formarse na escola de hostelería de Santiago de
Compostela. Logo de traballar uns anos na empresa familiar, tivo a oportunidade de traballar en 'Casa Solla', onde coñeceu a cociña profesional e forxar un especial interese pola restauración.
Estas inquietudes leváronlle a traballar por outras cociñas do territorio nacional ata que chego a Madrid (restaurante El Amparo) onde da man do chef Carlos Pousadas aprendeu a tratar os produtos de calidade cunha coidada perfección técnica.
Salta este  a fama a nivel estatal ao formar parte do xurado de Top chef, programa de Antena 3 TV. 

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: