Veciños/as de Corvillón veñen de poñerse en contacto co grupo municipal do BNG para trasladarlle información relativa a que en terreos da súa parroquia, concretamente na pista que vai por detrás da Adega “Don Olegario”,
nas proximidades da canceira municipal, existe actualmente un vertedoiro de lixo que está sendo utilizado, desde hai
algo máis dun mes, para verter ilegalmente diferente tipo de residuos e que día a día a acumulación do mesmo vai crecendo. Como o concello de Cambados ten, tristemente, a experiencia de que cando o lixo leva xa un tempo depositado nun lugar sen ser eliminado, córrese un maior risco de que outras persoas utilicen igualmente este punto de vertido para seguir depositando lixo nel, e polo que o BNG ven de solicitar que sexa eliminado o lixo deste vertedoiro ilegal de Corvillón e que, no futuro, sexan realizados controis periódicos con finalidade preventiva polas zonas máis afastadas das vivendas para tentar evitar que este tipo de feitos se fagan tan habituais. Volvemos a solicitar, como fixemos no pasado e sen que o concello fixera caso, que se faga unha campaña de promoción do Punto Limpo de Cambados (ubicación, horarios de atención ao público, tipos de residuos que almacena) xa que a práctica totalidade dos residuos depositados nos vertedoiros ilegais poderían ser almacenados no Punto Limpo do noso Concello de sabelo as persoas que cometen este tipo de infraccións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario