UN ARTIGO DE J. BENITO CHARLIN
Vendo as imaxes do que pasou onte en Madrid, un sinte noxo de moitas cousas das que rodean a este deporte
chamado fútbol.
chamado fútbol.
Pero mais noxo sinto de moitas das persoas que rodean este espectáculo, e entre eles a moitos directivos, adestradores e xogadores hipócritas.
O sen vergoña do presidente do Atlético que ten a cara de saír nunha
rolda de prensa dicindo que o club non ten nada que ver cos violentos cando no propio campo hai unha tenda de merchandising do Frente Atlético.
rolda de prensa dicindo que o club non ten nada que ver cos violentos cando no propio campo hai unha tenda de merchandising do Frente Atlético.
E na mesma cidade ¿ninguén se acorda dun adestrador que aplaudía en tódolos partidos os
ultras por que coreaban o seu nome? ¿e xogadores seus que o acabar os partidos corren cara o fondo a agasallalos coas súas camisetas?
ultras por que coreaban o seu nome? ¿e xogadores seus que o acabar os partidos corren cara o fondo a agasallalos coas súas camisetas?
!!!Puñeteros hipócritas que sodes todos!!!
A pena é que teño un fillo que adora o fútbol e por el non me queda outra que seguir acudindo os campos a miúdo, onde por certo,xa dende pequenos ven o que rodea o fútbol, por que no fútbol base tamén hai "pais ultras" a montes.



.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario