POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Nunha ocasión escoite falar a un médico dun estraño e curioso síndrome chamado “o síndrome do membro fantasma”; o mesmo parece ser que
consiste en que hai pacientes aos que, tras amputarlles un membro, a raíz dun accidente ou dunha enfermidade, seguen sentindo e, incluso en algunhas ocasións, experimentando dor como se aínda tivesen ese brazo ou esa perna amputada.

En Cambados moitos estamos a padecer un síndrome parecido; non, grazas a Deus, porque nos amputasen un membro senón porque notamos que, a pesar de que dende o 13 de xuño pasado, a vontade popular, os pactos electorais e a Lei D
´Hont quixeron que tivesemos un novo alcalde (ou, mellor dito, unha nova alcaldesa) e, por tanto, se dera por finalizado o período de actividade como tal do anterior rexedor, o “popular” Aragunde, pois como dicía, moitos sentimos como si estivésemos a vivir un pesadelo e Luís non se tivera ido e seguise a gobernar para desgraza de tódolos cambadeses.

Aragunde é coma ese “membro fantasma” : sigue a pensar que é o alcalde e non para de deixarse ver en inauguracións, exposicións e procesións, “chupando cámara” sempre que pode (ou que lle deixan); en algúns casos de forma descarada, como na procesión de San Benito do pasado sábado na que, xusto detrás do santo, aparecía, como si fose o arcanxo San Miguel o noso ínclito ex rexedor; xa sei que o cuatripartito manifestou que ás procesións non acudiría ningún dos seus membros representado ao concello
pero tamén está claro que a “Luisiño” gústalle ser o neno no bautizo, a noiva no casamento e o defunto no funeral, sempre o centro de atención.
pero tamén está claro que a “Luisiño” gústalle ser o neno no bautizo, a noiva no casamento e o defunto no funeral, sempre o centro de atención.
Por certo debo recoñecer que Aragunde en dita procesión de San Benito emanaba unha certa aureola de espiritualidade e santidade que hasta un pecador coma min podía percibir; está claro que o dia que Luís deixe este mundo (esperemos que dentro de moitos anos porque non lle desexamos ningún mal por moito que el diga o contrario), irá dereitiño para o ceo e sentarase ao carón do Santo Creador, algo lóxico para alguén que viviu “Como Dios” a conta de tódolos cambadeses......pero como “o cortes non quita o valente” pídoche que si lees isto, Luís, ti que es un “home de Fe” reces pola miña alma condenada ao inferno, sobre todo, por pecados da carne e de pensamentos impuros; sei que coma bo católico o farás de corazón.
Debería crearse un grupo de apoio psicolóxico algo así como “EX ALCALDES ANONIMOS” onde se sentaran en circulo, cun psicólogo e contasen os seus problemas; dese modo, nun momento, dado Aragunde podería levantarse e dicir:
- “Bos días, chámome Luís Aragunde e fai dous meses que xa non son alcalde pero debo confesar que aínda teño “mono” de gobernar e cústame moito superalo; agora a miña vida está baleira, fáltame algo e non podo evitar seguir indo as inauguracións das obras e colocarme a carón das autoridades, ¡¡isto é moi duro!!”
Entón rompería a chorar, os demais o abrazarían e daríanlle verbas de apoio do tipo: “non estas só”, “comprendémosche”, “animo, podes superalo”. Por certo a esas reunións tamén poderían acudir outros alcaldes “defenestrados” como Tomas Fole (Vilagarcía de Arousa) ou Salome Peña (Ribadumia).
Podemos dicir que Luís Aragunde ven ocupar o cargo de outros “ilustres” figuróns do noso pobo como o defunto Fabeiro “o Xurroque” ou, mais recentemente, o noso escribidor Jose Pepe que teñen como afección a de arrimarse á comitiva inaugural para saír na foto aínda que pensándoo mellor non está mal ter sempre á vista a figura de Luis Aragunde para que non nos esquezamos de quen foi un dos peores alcaldes do noso bendito pobo.
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario