28 de out. de 2020

A FOLLIÑA DO LUNS, que sae a cuarta feira. Por Xan Galbán Galiñanes

 

EDITORIAL. CANDO TODOS ERAMOS CATÓLICOS

Friedich Nietzche sostiña que "Deus morreu, matámolo entre todos", mentras que Karl Marx entendía que "a relixión é o opio dos povos".Entre un e o outro "quen morreu foi Nietzche" dicía até a saciedade Antonio Liste, Cura párroco de Cambados. Marx segue a vivir coma base e utopía. Curioso o filósofo leonado que cos seus estudos do Kapital  foran os seguidores comunistas os que se aproximaran aos planteamientos cristianos -animais aparte- mentras Nietzche, que segue a estar máis vivo ca nunca, influíu retorcidamente interpretado polo nacionalsocialismo alemán, e de todo o fascio europeio, co seu home novo ao que non lle adicou ningún dos novos valores a representar polo superhome. En todo caso, a orixe e  baluarte da ética e moral occidental segue a ser hexemónicamente a do cristianismo. Imos logo á base que este mes falou o cidadán Bergoglio.

Na nova Encíclica do Papa Francisco "Fratelli Tutti" adicada ao fundador da orde á que pertence, San Francisco de Asís. Escrebe dun "desexo mundial de irmamdade" tanto para as organizacións non cristiás, coma para a diversidade dentro delas, así como para todos os seres humanos, incidindo nos máis desfavorecidos, como poden ser os vellos, os diferentes e os pobres.

Falando destos últimos, xa me comentaba o finado de Cadarso o da "Farmasia" que "pobres coma os de antes xa non hai" el, que presumía dos votos de pobreza "ahí es nada" do que disfrutaba das riquezas terrenais por riba da media da época.

Val a pena sempre ler as encíclicas papais, como ler de igual maneira  o voceiro da UPG   "Terra e Tempo", por que no fondo, son publicacións  de máximas aspiración, dos elevados ideais dos consumidores destes, resumos cheos de boa intencionalidade, vieiros de conducta exemplar.

Lembro ao meu gurú, D. Xosé Manuel Beiras, como repitía até a saciedade, dentro dos novos valores da esquerda, un vello, a fraternidade, alicerce do que se ía construír, daquela ANOVA.

Estiven na asemblea  constituínte  desta nova andaina nacional de irmandade. Ao rematar, nin se me pasou pola cabeza pedir o carnet de militante. Coido que os Arcebispos de toda Europa  respaldando o Fratelli tutti tiñan mais a ver coa fraternidade ca nos. Ben é certo que as longas sotanas xa reservaran  a mariscada posterior, mentras que os constituíntes maiormente en Compostela andiveron a buscar polo menú do día mais económico e cercano ao Auditorio compostelán.


Mais o Papa pode dicir misa e ben. A realidade  da Igrexa  católica na Suiza Vaticana que é Spaña, ten que rematar, antes eramos todos católicos, e “cuidadito” que non foras, agora temos mais diversidade de crenzas e mesmo ningunha. A laboura encomiable que fan as monxas debería ser o Estado quen se ocupase, o cemiterio do centro da vila de Cambados non é municipal, é do clube privado da igrexa, e quen o ten que costear son os usuarios índa non sendo católicos, pero a titularidade segue a ser eclesiástica. Hai que dar solucións a unha realidade molesta para todos. Hai quen aspira a maiores cimeiras, pero hai que ir facendo camiño. Senón pasará coma a donación da Fransesa, co terreo da igrexa, o edificio da Xuventude feito polos feligreses en terreno eclesiástico, e polo tanto  da curia. E a curia non somos todos.

Ten valor que a esquerda cambadesa no poder municipal veña a xestionar o Concello dende as posicións mais próximas ao Papa na súa ata agora derradeira Encíclica que cando gobernaba o Partido Popular. Debeu ser mais da posición de Benedictus XVI. Xa soio nos quedan os protestantes; iso, é o que lles queda.

MUNDO

O COVID 19 espállase por todo o mundo occidental. Xapón, unha das culturas mais respetuosas cos maiores, está entre os países menos afectados. A dereita confunde en Spaña responsabilidade con sumisión.

En Europa, sexa a cor que sexa, adoptan medidas drásticas para atallar a pandemia. Mesmo Boris Jhonson, o conservador británico, que a priori tomara a medida imitando a Suecia, recuncou rapidamente cando se dispararon os casos. Merkel na Alemaña, conservadora tamén, adoptou medidas similares ás do primeiro ministro da pérfida Albión. O centrista francés, Macron, non se diferencia dos seus homólogos europeios. Soio, na soedade mais absoluta, queda VOX, e Ayuso. Casado aclárate, es como dixeches na moción de censura diferente a VOX ou con Ayuso non hai nada que facer? Se non morrera xente, ata sería pavero.

A GÁNDARA DE PEDRA

Na moción de censura ao goberno de SPAÑA, Casado estivo ben, o PNV, non, porque  o parlamento é para eso, parlamentar, seña quen seña o contrario. Sanchez botaba fogos artificiais; "así unha cada trimestre" había pensar el e todo o goberno central.

A pena foi o BNG que, tendo unha intervención á altura do momento, brillante diría, para o tempo que tiña, esquenceuse dos que loitaron na transición, dando a entender que só eles foron os únicos na defensa dos dereitos nacionais e republicanos. Non queren incluir, queren que desaparezas. Non che hai diferenza entre o PCE-G e a UPG. Non volvo ao Rego, Nestor. "Tu a mí no me llevas"

NÓSNACIÓN

Feijoo xa vai rematar o problema con ALCOA, se saía reelexido  solucionaría o problema. Agora decatouse que non é o seu problema. Non sei se ir á manifa onde se presente Luis Aragunde, ao mellor eso é Galicia, Galicia, Galicia

ISTMO-LOCAL

Aumentan os casos de COVID-19 en Cambados. Parece ser que un dos focos estáse a producir no vello Asilo de Cambados. Pena, por que o impresionante esforzo destas traballadoras a tempo completo que realizan cos nosos maiores, non merecen este pago.

Na rúa Castelao seica hai rumores de "da que safamos, se chega a ser unha institución pública da Xunta... vés como é mellor o privado!!!

BREVES

1-A nosa Vila de Cambados é unha das dez primeiras en INSTRAGRAM. Isto é posible grazas a todos os que gobernaron nestes derradeiros cuarenta anos. A todos, menos aos que non chegaron a gobernar nunca.

2- Cambados non é, a groso modo, un Concello homófobo, nin Jose-Pepe.

3-Falstaf ,a personaxe de Shakespeare, ten un honroso representante na Vila de Cambados.

Ningún comentario: