20 de out. de 2020

Falece Araceli Oubiña, deportista cambadesa exemplo na loita contra o cancro de mama metástásico (CMM)

Esta cambadesa era sen ningún tipo de dúbida un exemplo na loita en contra de esta enfermidade participando activamente na recadación de fondos para a súa investigación, ata o punto que a súa última intervención foi nun vídeo presentado hai uns días para a campaña da Asociación CMM para este 2020 que acompaña a peza de Inmaculate Foolls No somos ni heroínas ni guerreras. Araceli fuxía neste mesmo vídeo das mensaxes do “boísmo”, dicindo que a enfermidade non se paraba unicamente con vontade e que “o único que o retén son os medicamentos”.

Con iniciativas como esta no 2019 recadáronse 50.000 €, e durante o mesmo período faleceron máis de 6000 pacientes as cales tiveron unha supervivencia media se situou entre 4 e 5 anos tras o seu diagnóstico.

Araceli, No 2015, participou do “Reto Pelayo Vida” con outras 4 mulleres afectadas de cancro de mama e acompañadas tamén da olímpica Almudena Cid no que coronaron o Kilimanjaro  de 5.891 metro de altitude e co que intentaban animar a tódalas enfermas de cancro de mama a levar unha vida activa.

Araceli Oubiña era moi coñecida nos círculos baloncestísticos cambadeses, formou parte de Xuven feminino adestrado por Jorge Castiñaeiras, chegou a formar parte da selección galega feminina e na tempada 13/14 adestrou unha das seccións femininas do Xuven. Era logopeda acadou o titulo na universidade Complutense de Madrid, e dentro da cancha dabao todo, sobresaíndo a súa técnica e o seu tiro.



Ningún comentario: