4 de nov. de 2020

A FOLLIÑA DO LUNS, que sae a cuarta feira. Por Xan Galbán Galiñanes

 

EDITORIAL. EN TEMPOS DE INCERTEZAS.

Estamos a vivir nun tempo onde as decisións dos gobernantes non teñen suficiente base científica segura para aplicar normas que afectan a moitos sectores da cidadanía. Así temos o cambio climático, que Europa acepta coma hipótese de traballo, mentras que a administración Trump rexeita de plano. Temos o COVID19, que, Suecia optou por unha fórmula de contaxio comunal, ao que Boris Johnson tentou aplicar a priori, e que logo, decantándose do aumento exponencial da pandemia na illa, posicionouse por imitar o que se estaba promovendo nos gobernos do continente maioritariamente, ata o día de hoxe confinando todo o territorio .

Estabamos tan acostumados a que despois da II guerra mundial, despois de tentar evitar  outra máis, despois de crear institucións internacionais para crear un marco de entendemento, onde os datos sexan compartidos e aceptados polas diferentes partes implicadas, para traballar sobre eles e chegar a un acordo   que agora nos vemos orfos de certezas, todo é cuestionable. As redes sociais están chea de Trolls, aumentando  a viralidade das fakenews, ata tal punto que nunca houbo tanto terraplanista, nunca que as civilizacións humanas do pasado fora fundamental a inxerencia de OVNIS na súa nacencia e desenvolvemento. Nunca.

Ben é certo ,dende que existo, houbo revistas, libros, vídeos documentais que tentaban acreditar estas afirmación. Só era para consumidores xa convencidos das teorías da conspiración. Soio un exemplo: hai quen sostén que os Estadounidenses non chegaron á lúa! se as gravacións do alunizaxe son de estudo en Hollywood, se... pero que carallo de argumentos son esos? cando unha simple pregunta que un se faga responde a todo, que dixo a URSS, o seu máximo competidor? nada. Logo quen cala, otorga.

Pois esto mesmo pasoume cun terraplanista e a resposta foi "están todos os países do mundo compinchados". Ala, agora paga unha educación pública e gratuíta.

No hai certeza de nada, e así nada se pode construir. Nin un goberno en Cambados por moito que se diga.

MUNDO

Pór o carro diante dos bois. Donald Trump comenza a falar de Victoria cando non se rematou o reconto dos votos. Está a facer o que antes, pouco antes, tentara con éxito Bush fillo, confundir. Twitter xa borrou o chío deste verdadeiro xerador de fakemews e, como Bush que gañou con trampa, só nos esperan uns días de incertidume. Pensade que comentaría se o Presidente fora Biden e o candidato el. Precisan unha reforma eleitoral xa.

Aquí Luis Aragunde quere que goberne a lista mais votada. E se a oposición ten mais votos? Quen é mais fraudulento?

ISTMO-LOCAL

Hai mar de fondo en Cambados. As redes arden 🔥 por que Fátima Abal, estando de baixa, non pode atender todo o que quixera o Concello, e o grupo de goberno, coa COVID, non pode facer máis, xa que teñen que vivir dos seus soldos. Éche ben pavero que quen viña á política a non perder cartos, seña o que impide calquera situación de emerxencia coma a que estamos a pasar. Ou nós, perdendo votos e pedindo o mesmo para entrar no goberno hai dous anos, ou ninguén. Que goberne o PP, que estos de Somos desaparecerán e a Alcaldesa non vale. Tampouco valía Ronald Reagan por que era actor e demostrou unha capacidade cando o tratado co presidente ruso  Gorbachof  deixando pasmados aos analistas políticos progresistas occidentais. Claro que se pensa sempre dende a esquerda que o opositor é parvo, e parvo é quen botou 28 anos na oposición.

A GÁNDARA DE PEDRA.

Hai un pufo a querer reorganizar o Estado centralizándoo todo, encabezado polo socialista da presidencia de Castilla la Mancha, e o grupo parlamentar de VOX, que mete medo. O que hai é que desentrañar son as causas do dislate do Estado das autonomías. Que se aclaren, ou imos a un Estado federal real  ou Portugal que nos anexióne a todos e acabouse o problema español.

BREVES

1- 1973.-Oes pá, Espanha é mais merda que Portugal!!!

-Non me rompas a cabesa “portughés”, por que dis eso?

-Por que é muito mais grande!!

2-Xa temos o camiño do muiño da seca arranxado. Agora a por unha papeleira en mal estado. Todo fai falla.

3-Cambados Pode, xa pode


Ningún comentario: