EDITORIAL. SÓCRATES E O FUTBOL
Soccer. Así tentan que lle chamemos ao fútbol os gobernados polo imperio
estadounidense. Si, para quen só se
informen por medios do outro lado do charco
en inglés, sempre lle chaman soccer ao "balompié" e futbol ao
que nós coñecemos como "rugbi americano". Sonche así, non só tentan
controlar o mundo economicamente senón culturalmente. Pero se a lingua
internacional é o inglés por obra e gracia dos estadounidenses, non menos certo
aseverar que os ingleses, amais de inventores do xogo, son os que ao fútbol lle
chamanron fútbol e ao rugby cando nese mesmo deporte tiña mais importancia a
forza física e as mans. A nós chegounos por Vilagarcía coa Armada inglesa xunto
cos barcos transportando madeira para as minas de Huelva. Fomos primeirizos.
Fíxose popular rapidamente e conquistou o mundo enteiro. Case a India e en
Cuba non calou.
Chegou o mundial 79 e o do 82, un adolescente cambadés desexoso por
entender o seu mundo, non só ao redor senón o que chegaba pola tele cos seus
dous únicos canais, que practicaba o xogo e disfrutaba del, máis como outro
xogo a maiores, decátase que o seu avó materno recolle nunha libreta mercada de
seu para as ocasións dos mundiais,recollendo todos os resultados dos
enfrentamentos todos os campos e cidades onde se disputaban os encontros e
falando co neto de como este ou aquel xogador
este ou aquel equipo eran xeniais
gozando dun deporte que, co tempo, decateime do grandioso e épico que
resulta. Apoiabamos a España e salvoume que neses intres, na Argentina do 79
non chegou a pasar a criba e no de España,no seu mundial, foi todo un fracaso. A
obxectividade por parte do meu avó Manuel, reforzábase."Safín "
Xogaba nos Salesianos, vía os partidos de fútbol do Cambados cando pola mañá en Domingo ,o
campo da Merced ficaba antes ca Igrexa de Fefiñáns vindo da Cabana. -"Que
dixo o Cura?" preguntaba miña nai para asegurarse que debería gañar o ceo
de Deus, -"O de sempre" contestaba logo dun interrogatorio estrito a
rabiar. Os xogadores eran o meu.
Chegou o verán do mundial do 82. Todo un ano antes con "Naranjito" Chicha "A Naranja" vendendo na tenda do barrio nikes co naranjito a chou. As vendas de teles a cor disparábanse no centro da Vila e o meu avó Manuel preparado coa libreta deseñada por el na mesa do comedor da casa da praia, un verán de moito calor e a tele en blanco e negro centrando toda a atención de calquera cotidianidade da vida.
Todo, todo era futbol. O mundo ollábase baixo o prisma da bola. Arxentina
viña de ser o campión mundial. Inda se escoitaban os berros de trunfo na
capital bonaerense para calar os desgarrados
sufrimentos dos carcelados políticos da ditadura tan preto
do Estadio onde se disputaba a final.
Pero este era o de España. Saídos paseniñamente dunha ditadura de cuarenta
anos , disputado nunha democracia recén estreada, cun golpe militar, non mais
de ano e medio antes e cos equipos mais fortes dos campionatos europeios.
Pronto acabou a ínfula patria no terreo de xogo e centrámonos o avó mais eu no fútbol
.
Daquela, o Brasil, xogaba coma os deuses. Non importaba a defensa. En
momentos, os xogadores cariocas podían
marcar gol. Arrasaban. Era un luxo para os sentidos. Entre todos eles, destacaba
para min Sócrates. Que pases, que conxugación de equipo estelar, que
remontadas, pero especialmente, que pases de tacón do elexido por Zeus para o
olimpo dos inmortais.
Sócrates, espigado, barbudo coma o seu pai Zeus, non era deste mundo. Pero
sí. Non xogaba nos campos Elíseos senón no céspede coidado por traballadores. O
balón feito por mans obreiras. Médico de profesión, fillo dun funcionario ao
que lle gustaba a literatura, a filosofía, inculcoulle ao vástago o amor polo
saber, polo interese do mais próximo para entender o global. Sócrates levou ata
a morte tanto no campo coma na vida, non
esquencer as orixes, o seu Corthinhan brasileiro, e loitar contra a ditadura do
seu país. Non trunfou en Europa, pero a pesar do seu tabaquismo, dos
derradeiros anos de alcohol, nunca deixou de loitar polo común, de podendo
calar, falou. A miña xeración destacouno.
Logo veu Maradona. Estou coa xogadora galega. Pero Zeus é imprevisible e ti
decides.
Eu do Celta e do Xuven
MUNDO
O do eurodeputado húngaro trae... cola, diría Matías Prata. Acaban de
aprobar no país germánico, que un home é
un home, unha muller é unha muller unha familia está composta só por estos, que
un gato é un gato, un bicho é un bicho, e todos somos esgharrapichos. Eles máis
ca ninguén.
SALNESIANOS
Feijoo acaba de "nombrar" coma máximo xefazo do Porto de
Vilagarcía ao cambadés Cores Tourís, o exalcalde de Cambados que durante os
seus mandatos nunca mirou coma prioritario polo Porto de Tragove e os seus
servizos. Tan mal non lle queremos aos ingleses.
A GÁNDARA DE PEDRA
El Rei demérito segue a promocionar a República. O que debería ser
transversal, a defensa do público, dividese entre promonárquicos só da dereita
e prorepublicanos de esquerda. Así nunca imos avanzar.
BREVES
1-Javier Olleros, o meco, primeiro cociñeiro galego en obter dúas estrelas
michelín. Parabéns dun cambadés. Nós os cambadeses tivemos unha estrela antes
ca eles.... a ver si... Parabéns a Yayo por mantela.
2-Telecinco informa do terrible que é saír da casa para ir á praza e xa che
oKuparon a casa. Logo nas noticias da tarde véndenche unha compañía do sector
de seguridade. Ríete de Gran hermano.
3-O sínico vive en Hungría
Ningún comentario:
Publicar un comentario