DOUS HOMES DE DEREITAS, E UN DA REPÚBLICA DE VICHÍ.
Xa hai anos, nos finais da Ditadura franquista, alá polo ano 70, tivemos a
honra de acoller uns días ao Xeneral De
Gaulle, xefe de Estado da República francesa, nacida despois da Segunda Guerra
Mundial, despois de derrotar ao fascismo invasor alemán, da patria da
liberdade, da igualdade e da fraternidade. Á fronte da resistencia, dende Gran
Bretaña, un xeneral do exército que non aceptou esa división do territorio pátrio en dúas administracións
directamente gobernada polo exército alemán, con capital en París, e outra
teledirixida polos xermanos, con capital en Vichí.
De Gaulle, un home de dereitas con
fortes conviccións democráticas, decidiu non lles dar chance ao fascismo , e
menos se os invadían outro pobo, inimigo
ancestral dos francófonos e polo tanto loitaría até gañar a guerra con aqueles
compatriotas defensores da liberdade por moi formal que fose como os
comunistas, os socialistas e a dereita liberal. Os outros, os que non lles
incomodaba ningún goberno do nacional-socialismo alemán, que aprobaran leis antisemitas antes
que mesmo a República de Weimar, estaban a gusto, como o fundador da Renault. Haiche
sempre na burguesía, nas transnacionais unha visión de toupa do inmediato en
política.
Este gran home, despois de tantos éxitos, decidiu descansar nos derradeiros
anos de vida, e incluír nas pequenas viaxes culturais á Vila de Cambados ,daquela xa con Parador. Disque quería vir ao
Salnés buscando as orixes celtas das que
proviña o Galo e pensou ben xa que foron os romanos, despois de colonizar a
Galia, os que denominaron a este cacho do mundo
Gallaequia polo parello dos lugares e xentes que o habitaban.
Logo temos a Leopoldo
Agora non pode vir a Europa como libertador de nada, por que nada liberou, mais
que representare coma un títere dos
intereses de Estado de España. A España válelle calquera dos dous enfrentados
E agora Sres e Sras quédanos o da agua de Vichí, o da capital do turismo de
balneario francesa, non da catalana, que os cataláns nada teñen a ver nesto. Traballadoriños
eles en crear industria con fortes raigames culturáis coma os De Gaulle, defendidas
nas Cortes do Estado por partidos políticos
cun claro marchamo nacional catalán. Non. Eu falo do Pp de Cambados, do
PP de Feijoo, do de Tourís, do de Ribadumia, que ao abrigo do poder, medraron
no persoal sen antes coñecerlle empresa algunha de consideración, de apousentar
as bases para unha industrialización ordenada no territorio galego, non como na
época Fraga, con chiringuitos de Alcaldes de turno, en polígonos industriais
dependendo da cor do Conselleiro, sen servizos básicos que, coma o de Cambados,
que logo ten que ser a "ezquerdallada" quen os dote.
Afirma Luis Aragunde "El ex Sisí" que Leopoldo veu a Cambados e o
concelleiro de tráfico" fixo un circo". Téñenlle inquina a oposición
ao circo. Tino Cordal, o único que fixo foi cumprir a lei de Feijoo. A policía
local, o único que fixo foi tomar nota, o taberneiro, o único que fixo foi
venderlle o mellor das nosas rías. Luis o único que fixo foi mexar fora do
testo para non variar. Médranlle os ananos coma no libro de Celso Emilio
Ferreiro despois da viaxe a Venezuela nos sesentas.
A dereita europea que Cambados precisa, que Galiza necesita, índa non
naceu. Ao mellor nace en Palacaguita a próxima. Ou como en Ourense, cidade balneario
por excelencia, ten o ex onde se mirar. Todo PODE ser.
Ningún comentario:
Publicar un comentario