Todo mundo sabe que estamos a prol da peonalización de praza de Fefiñáns, ese non é ningún segredo. Non nos creemos para nada as razóns que esgrime o noso Alcalde que non son outros que os industrias da zona din que non queren. Isto e faltar a verdade ou o que é o mesmo mentir, xa que o 99% dos industriais do lugar están a favor da peonalización da praza. Unha praza que como podemos ver na fotografia é un perigo constante sobre todo para as persoas que non saben que iso é unha estrada xeral, e sí un dos nosos reporteiros pudo sacar esta curiosa imaxen na que da a impresión de que se vai consumar un atropelo, por sorte o final non pasou absolutamente nada, pero calqueira dia imos lamentar algo grave nesa praza. Ao tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario