31 de out. de 2010

HAI LOTARÍA E "LOQUERÍA".

Todos sabemos que nestas datas están a proliferar polas distintas asociacións, clubs, comisións de festas e demais estamentos cambadeses a venta de Lotaría, nos neste caso imos facer publicidade de dúas que nos son moi afíns. En primeiro lugar o Club Juventud Cambados, presidido por Ricardo Charlin, membro tamén de Unha Grande Chea. O traballo que está a facer Richar o fronte do club e encomiable, pola contra está recibir indiferenza por parte de algunhas empresas de Cambados e por parte da gran masa social que tiña o club, aínda así Richar foi capaz de acadar un sponsor de Jaen e un co-sponsor de Sanxenxo, que vergoña para a nosa vila, tamén polo que nos sabemos está a topar indiferenza por parte das institucións cambadesas. Pese a todo hai que conseguir cartos a unha das formas de facelo e a venda de lotaría neste caso o número 61707 que segundo algúns adiviños é dos premios que se baralla como o posible gañador, o Club vende cada décimo cun recargo de 2 euros, e así o fan tamén entre outros por exemplo a Comisión de Festas da Pastora, Santa Margarita, A Patroa etc, e incluso algunha delas ten 1 € euro como recargo.

Pero onte mercamos unha participación de lotaría da Asociación Obradoiro Volandeira, onde temos moitas amigas e amigos e alguns deles participan nos nosos actos, pareceunos unha "Loquería" o recargo que puxeron por décimo nada máis e nada menos que 5 €, parécenos cando menos un pouco exaxerado parece ou ben que están arruinados ou que se queren facer ricos da noite para a mañá, que coidamos que non é ningún dos dous casos, pero pasáronse como se di vulgarmente "catro pueblos". Todos isto dito dende a amizade e confianza que nos profesamos mutuamente e cun un pouco de "cachondeo". Con todo animamos a xente a que merque lotaría de Volandeira, xa que como sempre dixemos están a facer unha labor impresionante no que respecta a recuperación de tradicións, folclore e costumes do noso pais.
As demais asociacións que queiran facer publicidade da súa lotaría na nosa páxina non teñen máis que enviarnos unha copia de décimo ou participación e farémolo gustosos.

Ningún comentario: