![]() |
| PREME NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA E ENTERARTE BEN DA MENXAXE. |
Somos bombardeados tódolos días con publicidade de toda clase de estilos , tamaños, produtos etc.. A veces incluso chegamos a mercar cousas porque vímolas nalgún medio de comunicación nin tan sequera interesarnos das súas calidades. Todo isto é produto da publicidade. Nos que non somos publicistas acabamos de facer un cartel, grazas a un idea enviada por T.M. e a simple vista parece que a mensaxe que nos sinala dirixise nunha dirección , en cambio se prememos na mesma e vémola un pouco máis ampliada, e dicir si lémola letra pequena a mensaxe é totalmente o contrario, así lle ven de pasar o bo de Mariano Rajoy nunha entrevista no Pais, no cal di textualmente “O Plan de Cameron (refiriándose o primeiro ministro inglés) da confianza, eu faría algo similar en España”,de seguido pregúntalle o periodista “Entón Vde suprimiría 500.000 postos de empregados públicos” , Mariano que se ve totalmente en fora de xogo contesta “Non entrei no detalle dos empregados públicos que quere suprimir”, e dicir que non leu a letra pequena. Por iso aconsellamos a todo mundo que sempre hai que ler a letra pequena porque a veces é moito máis importante que a grande.

Ningún comentario:
Publicar un comentario