![]() |
| Francisco Asorey |
Os tres grupos políticos que forman a corporación de Cambados asinaron un pacto de non agresión con motivo da celebración do Ano Francisco Asorey. «Hai cousas que están por riba dás ideoloxías e sería bo para todos non politizar ou Ano Asorey», pediu o alcalde de Cambados, Luís Aragunde. Algo no que estiveron de acordo os portavoces de PSOE e BNG. “E para predicar co exemplo, a corporación foi ata capaz de aprobar unha moción dos socialistas na que se pedía declarar o 2011 como o ano do escultor cambadés Francisco Asorey” continua declarando Luis. Hai que ver como o Alcalde de Cambados en sinal de excepción aprobou unha moción dos socialistas, cando todas son rexeitadas a veces sen chegar e lelas e non digamos nada das propostas nacionalistas. Estamos seguros de que o primeiro que vai imcumplir este pacto vai ser Luis Aragunde e os que levantan a man cando él tira do cordel. De momento xa non quixo que as Asociacíóns culturais formaran parte da comisión organizadora, como xa fixo no Ano Cambanillas donde eles "mangonearon todo".
Nova extraida de “A Voz de Galicia”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario