![]() |
| Sanchez Drago cando foi nomeado Cabaleiro do Albariño |
“”Sánchez Dragó recoñece no seu último libro haberse deitado con dúas nenas de 13 anos”” este era o titular do Pais, de onde recollemos a nova sobre o Cabaleiro do Albariño Sanchez Drago.
Os feitos ocorrerían en Tokio en 1967.- O escritor, presentador dun programa cultural en Telemadrid, e Cabaleiro do Albariño intenta rectificar e di que narrou unha "anécdota" convertida en "literatura".- O comité de empresa da cadea pública pideu a súa destitución ademais de tachalo de pederasta. No seu último libro “Deus os cría... e eles falan de sexo, drogas, España, corrupción...” (Planeta), o escritor Fernando Sánchez Dragó asegura manter relacións sexuais con dúas "lolitas" de 13 anos en Tokio. Na páxina 164 da obra, que recolle as súas conversacións co dramaturgo Albert Boadella, Sánchez Dragó narra o ocorrido, que sitúa na capital xaponesa en 1967.
Se o Capitulo Serenisimo do Albariño fora un organismo medianamente serio e consecuente o presunto corrupto e expresidente das Baleares Jaume Mata e a este pederasta prescrito deberianlle quitar o titulo de “Cabaleiros” e ordenar que devolvan as capas, a este paso a onde imos chegar a nomear a Barcenas e similares tamén Cabaleiro do Albariño. Hai que ter un pouco de dignidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario