CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
Do 1 ao 15 de Outubro
Novais, nome artístico da pintora Mª Luisa Rojo Grandío Novais, escolle para a súa presentación en Cambados, no Centro Comarcal do O Salnés, unha selección dos seus traballos máis representativos.
Na procura constante de distintas formas de expresión dentro da arte, ofrece ao espectador unha variada temática onde domina as cores e as formas.
Esta exposición, composta por dezasete óleos sobre lenzo, ven suliñar a relevancia que Novais concede ás distintas técnicas, formas e estilos dentro do seu eclecticismo creativo, cheo de posibilidades visuais.
Mais información: Pintora: 646.077.778
novais.artelista.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario