Xironsa é unha asociación amiga de Corvillón que entre outras cousas adicase a espallar a nosa cultura polo mundo adiante en forma de gaitas e deso se encarga o seu mestre e amigo Nacho, quen sempre está maquinando algo, a última é que propón que, de cara o Nadal se faga unha mostra da orixinalidade dos seus menbros, a hora de construirse un instrumento. Ben sexa con materiais reciclados, ou o que se lles ocorra, "NON SÓ E PRA NENOS". A presentación dos instrumentos sera durante a festa de nadal, no que cada lutier devera a facelo soar e incluso interpretar algunha peza.
Habera un agasallo para os mais currado aparte do recoñecemento de todos.
Ademais Nacho fixonos saber que eles tamén teñen o seu propio blog http://xironsa.blogspot.com/ que dende hoxe xa figura en “Os nosos amigos da rede”

Ningún comentario:
Publicar un comentario