A mediados do 2007, Manolo Paz recibe un novo encargo dá galería SCQ de Santiago de Compostela. É a sua primeira esposición individual en Galicia despois dunha década. O artista, tralo período de xestación con bosquexos e probas, ponse a traballar en tres novas pezas: Nube, Campo de Arroz e Escalinata.
Manu Paz, fillo do artista, decide crear un pequeno grupo de traballo: Manu Paz e Xacobo Sanmartín adicanse ao desenvolvemento do guión, na produción e na dirección do proxecto, mentras que David Hernández e Alex Penabade encarganse ao rexistro audiovisual. A actividade cotidiá do artista vai ser o que marque o plan de traballo inicial. Un constante e veraz estudo do traballo que Manolo desenvolve no seu obradoiro de Castrelo (Cambados). Nesas primeiras gravacións podiase apreciar tódolo proceso creativo do escultor. Dende que vai a canteira na procura dá pedra máis adecuada atei que espón á obra en Santiago. Despóis dos primeiros visionados, os directores do proxecto deciden incluír novas secuencias onde personaxes relevantes na vida de Manolo narran a evolución persoal e artística do protagonista. Entre estes novos personaxes atópanse os seus pais, as amizades máis próximas, os seus mestres, artistas dá mesma xeneración, críticos ou propietarios de galerías.
Cada unha desas declaracións forman unha metáfora entre ou seu proeso creativo e sua traxectoria vital: dende a xestación ate a madurez, pasando pola sua formación, experimentación e a sua posterior consolidación.
Pois ben este documental baseado na obra do chalequeiro dunha Gran Chea e escultor de fama mundial Manlo Paz podemolo ver o vindeiro sábado 30 de Outubro no auditorio da Xuventude de Cambados. Se non poideras ir a estrea podes ver o documental premendo AQUÍ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario