18 de nov. de 2010

AGUSTIN FERNANDEZ NON ACEPTA O PREMIO DA CULTURA GALEGA. AINDA HAI COHERENCIA E DIGINIDADE EN GALICIA.

PODE ESTAR ENTRE OS CANDIDATOS O PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2011 QUE ORGANIZAN OS LIBREIROS DE CAMBADOS
Agustín Fernández Paz non acepta o Premio da Cultura Galega, naceu en Vilalba e reside en Vigo
O escritor Agustín Fernández Paz fixo pública onte a tarde a súa decisión de non aceptar o Premio da Cultura Galega concedido pola Xunta de Galicia na categoría das Letras. O literato remítese a un comunicado de Prolingua do pasado 8 de outubro, no que se afirmaba que "nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega".
Fernández Paz gañou no ano 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. No fallo do xurado, que presidiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, subliñouse que os sete galardoados contribuíron ao coñecemento no exterior da cultura galega. A "exportabilidade" da nosa cultura é unha das liñas mestras das declaracións públicas do actual Goberno. Agustín Fernández Paz, escritor, premiado na categoria de letras foi proposto polo Consello da Cultura pola súa longa traxectoria literaria.
Por certo Ramón Dominguez Argibay o Presidente dos Libreiros de Cambados, deixou este comentario no foro de http://www.cambados.tk/  sobre Agustin:
“Agustín Fernández Paz rexeitou o premio da Cultura Galega da Xunta. Ademais de grándísimo escritor é unha persoa íntegra e ama a nosa língua fondamente. Os meus parabéns.” Supoñemos nos que con Luis Rei pode ser un dos candidatos o premio Cabanillas 2011 que organizan os libreiros cambadeses e por certo o mesmo Ramón no mesmo foro tamén deixou este comnentario:
“Moitas grazas a todalas persoas e colectivos que nos animan a seguir cos premios "Ramón Cabanillas". E tamén, por demostralle ao Concello de Cambados que non se pode tirar a labor feita polos libreiros, colectivos e músicos que nos axudaron e colaboranron con nós durante estes sete anos.” Alegranos moitisimo que Ramón  se viñera arriba e organizen o ano que ven este xa prestixioso premio.

Ningún comentario: